HAYDEE PERMANECERÁ INGRESADA ATA MAÑÁ
A xogadora do Burela FS Pescados Rubén Haydee Agras foi intervida satisfactoriamente esta tarde da súa tendinite rotuliana e permanecerá ingresada ata mañá no Policlínico Lucense SA.
A ala-peche laranxa deberá ter a perna inmobilizada durante uns días. A vindeiras semana terá a súa primeira revisión baixo a análise do traumatólogo José Antonio López, responsable da operación. Aínda que é un pouco prematuro para marcar os prazos de recuperación, o seu regreso ás pistas poderá roldar entre os dous e os tres meses.
Na enfermería do Burela FS masculino, o capitán, Juanma, xa saíu onte do Hospital Modelo da Coruña tras ser sometido a unha “cirurxía conservadora” por unha hernia discal, segundo cualificou o doutor Manuel García Fantini. O alfocego poderá volver facer unha vida practicamente normal, evitando movementos bruscos nos vindeiros días e dedicando varias horas do días ao paseo.