Máis de 500 voluntarias e voluntarios participaron na V Limpeza Simultánea de Ríos
ADEGA e Proxecto Ríos organizan un ano máis a V LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS, mobilizando a máis de 50 entidades pola defensa dos nosos ríos
(Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2012) O sol brillou nunha fin de semana onde moitas e moitos foron os que pasaron o sábado e domingo mollándose polos ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, grupos de nenos e nenas e de maiores, grupos en grandes ríos, e grupos en pequenos regatos. Pero todas e todos tiñan o mesmo obxectivo.
Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron sobre todo os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos), apareceron tamén rodas de automóbiles, defensas de coches, lunas e asentos, tambores de lavadoras… Os electrodomésticos non faltaron, e tamén algún tellado de uralita, televisións, roupa, calzado… Algúns dos grupos adicaron parte da xornada a eliminar flora exótica invasora que medraba nas beiras do río.
Todo isto e de seguro moito máis está no fondo e nas beiras dos nosos queridos ríos. Ano tras ano voluntarios e voluntarias inverten o seu tempo nesta xornada de voluntariado ambiental. Este ano aumentou o número de participantes, o que nos fai ver que cada día hai máis xente concienciada, con ganas de axudar e mudar as cousas. Porén o triste é que sempre hai lixo que sacar. A nota positiva son os grupos que comezaron esta actividade fai cinco anos e observan que no mesmo treito cada vez hai menos lixo. Isto é indicativo que cando achegamos a xente concienciada aos ríos é máis doado conservar o espazo.
Calculamos que os residuos de tódolos concellos suman un total de 10 toneladas, pero debemos lembrar o noso principal obxectivo non era este. O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, somos, por outra banda, unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta..
Dende ADEGA e Proxecto Ríos agradecemos o tempo e dedicación de todos os colectivos implicados na coordinación da limpeza na súa zona. Agradecer tamén aos concellos o compromiso na conservación dos ríos que regan os seus municipios, especialmente os concellos que apoiaron esta limpeza que foron: A Estrada, Arbo, Arzúa, Cambre, Cuntis, Fene, Gondomar, Lugo, Moraña, Muxía, Ourense, Poio, Pontevedra, Pobra de Trives , Redondela , San Sadurniño e Zas.
Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. Para esta actividade contamos coa colaboración de Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Pero sobre todo e ante todo queremos agradecer o traballo de todas as persoas que onte se meteron no río para limpalos, e axudar entre todos a denunciar e solucionar este gran problema. Sen vós isto non sería posible. Moitas Gracias!!





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



