O BNG DE FOZ CRITICA AO GOBERNO MUNICIPAL DO PP POR NON CUBRIR A PRAZA DO SERVIZO DE NORMALIZACION LINGÜÍSTICA
“ Ao PP non lle importa nada a normalización lingüística do noso concello”
Foz a 1 de outubro de 2012.- O BNG quer manifestar a súa critica ao alcalde e ao grupo de goberno por non cubrir a praza que quedou vacante de normalización lingüística no Concello de Foz e lamenta que se poida perder parte da subvención que a Xunta tiña concedida.
A praza en cuestión estaba subvencionada pola Consellaría de Cultura para crear un servizo lingüístico no concello dentro da promoción do uso da lingua galega nas entidades locais. A contía concedida ao Concello de Foz foi de 6.975 € e o goberno municipal decidiu gastar estes cartos en contratar -mediante un concurso oposición- a unha persoa durante catro meses, do 15 de xuño ata o 14 de outubro deste ano, e cunha xornada de traballo de 19 horas semanais. Dito concurso oposición realizárase no mes de xuño xa con presuntas irregularidades cando, entre outras cousas, se lle permitiu ao aspirante que finalmente acadou a praza a realizar o exame unha vez comezado o proceso porque –segundo consta na acta do tribunal- decatárase tarde da convocatoria.
A persoa que ocupaba a praza deixouna xa a principios do mes de setembro cando aínda quedaba máis dun mes para rematar o contrato. O Concello desde aquela non cubriu a praza quedando o Concello sen este servizo de normalización lingüística durante este tempo e perdendo -como mal menor- a parte proporcional da subvención concedida. Ademais con esta decisión, o alcalde e o grupo de goberno está privando a outra persoa de poder traballar durante un mes e coller unha experiencia profesional que lle poida valer nun futuro.
O BNG interesarase polo tema e pedíralle ao alcalde explicacións sobre o motivo de non cubrir esta praza. Ademais, o BNG solicitará do alcalde a memoria descritiva dos traballos realizados polo servizo lingüístico creado, certificación dos gastos e se están cumpridos os obxectivos a pesar de ter cesado antes de rematar o tempo para o que foi contratado.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



