MAÑÁ COMEZA A RUTA DOS CHIQUITOS QUE ORGANIZA ACISA. UNHA TREINTENA DE LOCAIS HOSTALEIROS OFRECERÁN ESTES VIÑOS QUE PODERÁN ACOMPAÑARSE DE PINCHOS DAS DISTINTAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DESTE PAÍS.
Ribadeo, 30 de octubre de 2012. Mañá, 31 de outubro, pola noite da comezo en Ribadeo a ruta dos chiquitos que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.
O presidente de ACISA, Roberto Rivas, indica que “con esta iniciativa o que pretendemos é recuperar en Ribadeo unha tradición que tivo moito arraigo na vila e que se foi perdendo pouco a pouco. Aquí era normal saír de chiquitos cos amigos. Queremos que eso se recupere e que teña duración no tempo na hostalería ribadense”. Ademáis na treintena de establecementos participantes poderánse degustar pinchos típicos das distintas comunidades autónomas deste país ao prezo de 0,50 euros. Rivas Tomé sinala que “os pinchos e tapas servirán para promocionar a recuperación desta tradición durante esta ponte festiva de catro días. É unha forma de animar á xente a sair da casa”.
Desde a directiva de ACISA o seu presidente manifesta que “Ribadeo ten nove meses para dinamizar o seu comercio e a súa hostalería. Ese é o noso traballo, é o que nos temos que propoñer, estamos tentando traballar para eso e contamos cos socios de ACISA, coma nesta ocasión, que tamén nos propoñen ideas que se levan adiante”.
Roberto Rivas anima a achegarse a Ribadeo durante esta ponte festiva “a coñecer unha tradición que estivo moi presente na nosa vila. Que disfruten dos chiquitos e das propostas gastronómicas que lles ofrecerán os trinta locais participantes. Todos se van esmerar ao máximo para que esta iniciativa siga adiante no tempo”.
Os establecementos hostaleiros que participan son: Ribanzo Pub, Mesón A Baixada, Restaurante Sapore, La Cervecería, La Balastrera, Pizzbur, A Ribeira, Taberna El Cabás, Bar Queimada, La Botellería, La Quinta, San Roque, Hotel Restaurante Voar, Bar Nevada, El Rincón del Gordo, Mesón O Alén, Café Pub O Valeco, Mesón Compostela, Restaurante La Villa, O Bodegón, Delicias, Parador de Turismo, Restaurante Costa Verde, Mesón O Lar de Manolo, Restaurante O Tumbín, Restaurante Marinero, Restaurante A Dorada do Cantábrico, Cafetería Linares, Restaurante La Solana e Hotel AG Porcillán.
A ruta Chiquito a chiquito percorre España prolongaráse ata o vindeiro domingo, 4 de novembro, a mediodía.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



