“O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, vese na obriga, de suspender todos os actos públicos de campaña previstos, en todas as parroquias de Viveiro”
“Isto é unha mostra máis, da falta de interese do Alcalde por facer as cousas ben” declarou Olaia Casas, concelleira do BNG e responsábel da campaña eleitoral do BNG en Viveiro.
Viveiro. 09 de outubro de 2012. A concelleira do BNG Olaia Casas, responsábel da campaña do BNG en Viveiro, fixo estas declaracións na mañá de hoxe mércores, logo de recibir onte a notificación, da negativa do Concello de Viveiro á realización de actos públicos nos centros socioculturais e escolas das distintas parroquias de Viveiro.
Isto é unha mostra máis, a falla de interese do Alcalde e o Partido Socialista por facer as cousas ben. O Sr. Roel, é coñecedor de que o Bloque Nacionalista Galego, ao igual que outras forzas políticas, incluída a súa propia nalgunhas ocacións, sempre fai campaña con actos por todas as Parroquias para dar a coñecer o seu programa electoral e as súas propostas. Nesta ocasión, non sabemos se por un dos seus habituais “descuidos” ou con premeditación e coñecemento, non solicitou ante a Xunta Electoral a asignación destes locais como Locais Electorais. Deixando desta maneira, sen a posibilidade de realizar actos públicos en locais de uso municipal, agás no Teatro Pastor Díaz. “A deixadez egocéntrica do alcalde, provocan estas situacións, nas que unha forza política, non pode desenrolar a campaña electoral, como o viña facendo ata o de agora”
O BNG de Viveiro, continuará coa súa campaña achegándose a todas as parroquias, para coñecer de primeira man, as inquietudes, e os problemas das veciñas e veciños do noso Concello, asi como explicando as nosas propostas programáticas.