IVÁN MARRUBE ASINOU HOXE ANTE NOTARIO QUE DIMITIRÁ SI É IMPUTADO EN FIRME POLAS AUTORIDADES XUDICIAIS, QUE NON SERÁ DEPUTADO AUTONÓMICO MÁIS DE DÚAS LEXISLATURAS E QUE NON COMPATIBILIZARÁ VARIOS CARGOS.
Lugo, 2 de outubro de 2012. O cabeza de lista de Compromiso por Galicia para a provincia de Lugo, Iván Marrube, asinou este mediodía ante notario unha serie de compromisos coa ética democrática, que despois deu a coñecer aos medios diante dos xulgados da capital. Marrube comprométese a abandoar inmediatamente a actividade pública no caso de ser imputado en firme por parte da autoridade xudicial, a non permanecer máis de dúas lexislaturas como deputado no Parlamento de Galicia e a non compatibilizar varios cargos.
Iván Marrube explicou que Compromiso por Galicia ten “un fondo compromiso con cambiar o sistema político; hai que implantar a ética de forma práctica e efectiva na política actual. Estamos vendo que hai a tónica de que os políticos son todos uns ladróns e ao final hai que recoñecer que está xustificado porque, como vemos agora na provincia de Lugo, cargos de todos os partidos que na actualidade gobernan están sendo implicados en procesos xudiciais”.
“Nós estamos tan seguros da nosa lealdade coa xente, do noso compromiso, da nosa transparencia que eu, como candidato de Compromiso por Galicia, firmei hoxe ante notario unha serie de compromisos, por exemplo que abadonaría inmediatamente o meu cargo público, a miña acta de deputado, en caso de que fose imputado”, engadiu Marrube, quen comentou tamén: “estamos tan seguros da nosa transparencia que queremos que a sociedade vexa esa seguridade cun feito: que non quede a máis mínima dúbida da nosa convicción de facer as cousas ben e de forma ética e transparente. Por iso hoxe firmamos ante notario unha serie de compromisos como non permanecer máis de dúas lexislaturas, non compatibilizar varios soldos nin varios cargos, publicar anualmente os nosos bens, someternos ao longo da lexislatura a referendos públicos nos que se nos poida esixir que abandonemos o cargo se non somos responsables no noso traballo e finalmente que imos renunciar ao noso cargo, á nosa acta, de forma inmediata simplemente con ser imputados. Isto é algo que non está pasando na política lucense na actualidade, como podemos ver”.
Iván Marrube rematou explicando: “eu poidome permitir o luxo de firmar esto e anuncialo porque eu non vou roubar diñeiro dos contribuintes, porque eu estou seguro do meu compromiso e da miña transparencia. Quen sinta envexa de que eu faga este acto e adquira este compromiso ante notario pode facelo tamén. De feito ogallá fora unha norma adquirir este tipo de compromisos e todos os políticos os firmaran ante notario, porque á sociedade en xeral iríanos moito mellor”.