O vindeiro domingo día 7 de outubro, coincidindo coa festa da Faba, preséntase os equipos cadete e sénior das Escolas Deportivas.
O equipo cadete, fruto da alianza entre as escolas de Lourenzá e Mondoñedo; presenta o seu equipo federado en Liga Provincial. O E.d. Lourenzá Mondoñedo presentarase ás 11:00 no Pavillón Municipal de Lourenzá e logo xogará o trofeo da faba diante do Ensino de Lugo de provincial.
Logo, ás 12:00 chega o prato forte. Preséntase un renovado equipo de 1ª autonómica feminina que intentará estar de novo entre os equipos punteiros de Galicia. O Lourenzá Ensino disputa o II Trofeo da Faba Autonómico diante do Pontumio(Pontedeume) nun encontro que servirá para presentarse diante da aficción laurentina.
No equipo ó que regresa Juan Nécega como míster está formada agora mesmo por 11 xogadoras:
Seguen da temporada pasada:
Rocío Varela, Marta Lema, Marly Varela e Marta García.
Incorpóranse ó equipo Sabela Uriz (procede de Cluny Santiago), Sara Cuiña (Base procede de Pontumio), Andrea Meilán(Ala procede de Cluny Santiago), Tatiana Montenego e Marta Fdez (Pívots de Sag. Corazón) Lorena López (Pívot procede do equipo junior) e Tamara Montero (Base do Némesis de Cantabria).
Estarán vinculadas ó primeiro equipo de Liga Feminina – 2 con moitas posibilidades de minutos Rocío Varela, Marta Lema, Marly Varela e Sara Cuíña. Ademáis, 4 júniors disporán de minutos: Laura Castro, Nerea Gid, Andrea Viador e Paloma Valín.
Toda unha plantilla de luxo para intentar volver a estar no máis alto da tabla de 1ª Autonómica, aínda que teremos grandes rivais enfrente. O obxectivo, intentar estar entre os dous primeiros para xogar o ascenso a Liga Nacional.
O teléfono do míster, Juan Nécega: 649112500.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
