O Concello dispón dun novo camión para actuacións de obras e protección do medio ambiente
-O vehículo foi adquirido recentemente pola administración cervense e financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental da Consellería de Presidencia
Cervo, 11 de outubro de 2012-O Concello de Cervo vén de adquirir un novo camión que leva unhas semanas en uso como ferramenta de traballo para obras e actuacións relacionadas coa protección do medio ambiente e do espazo natural. Un vehículo do que a administración local pode dispoñer grazas a unha subvención procedente do Fondo de Compensación Ambiental da Consellería de Presidencia. Unhas achegas destinadas a axudar a aqueles concellos que contan con aproveitamentos eólicos no seu territorio. En concreto, o Concello recibiu uns 30.000 euros destinados á adquisición do camión e a gastos de funcionamento do servizo municipal de medio ambiente.
En canto ao novo camión, é un Volvo cunha tara de 11.100 quilos e coa capacidade para cargar outros 6.900 quilos máis. Dispón de caixa abatible de aceiro inoxidable e grúa de 10 metros de longo, unhas características que o fan útil para múltiples tarefas relacionadas co servizo municipal de obras e medio ambiente.
Este é o terceiro ano no que o Concello solicita esta subvención que se adoita destinar a accións e investimentos para o coidado, conservación, reposición e restauración da contorna natural e o reequilibrio territorial. “En esta ocasión optamos por solicitar financiación para la compra de este camión debido a la necesidade de disponer de un vehículo versátil que permita realizar numerosas tareas para la mejora del municipio y la protección y conservación del medio ambiente” explica a edil des Medio Ambiente, Begoña Alonso.
O ano pasado, as achegas concedidas destináronse a actuacións de saneamento e abastecemento de auga no municipio cervense. No 2010 este fondo fixo posible levar a cabo un proxecto de mellora ambiental no parque Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo de Cervo, implantar medidas para a eficiencia enerxética no campo de fútbol de Cervo así como realizar melloras na área recreativa da capital cervense.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



