O MODELO BURELA PROTAGONISTA DUNHA XORNADA DE ESTUDO NA UNIVERSIDADE DE BARCELONA
Baixo a organización do Grupo de Estudo das Linguas Ameazadas, formado por profesorado da Universidade de Barcelona, na Facultade de Filoloxía daquela institución celebrarase o próximo día 26 de outubro unha xornada centrada no papel das linguas da inmigración na escola. No encontro situarase en destaque a metodoloxía didáctica “Modelo Burela” impulsada pola área de innovación do Instituto Perdouro de Burela, en comparación co proxecto Galauda levado á práctica por varios centros de ensino secundario de Cataluña.
O programa de actividades contará coa participación do director xeral de inmigración da Generalitat de Cataluña, o decano da facultade de Filoloxía e o director do departamento de Filoloxía Románica da Universidade de Barcelona. Seguidamente, comezan os diferentes relatorios centrados na política lingüística nos sistemas escolares de Galiza e Cataluña e en proxectos desenvolvidos en ambas as comunidades e encamiñados á cohesión social nos centros educativos.
Na mesma xornada, mais en horario de tarde, celebrarase unha mesa redonda coa participación de profesorado das universidades de Girona, Barcelona, Vic e Santiago de Compostela. O encontro finalizará coa conferencia da coordinadora do mesmo, a profesora Carme Junyent, da Universidade de Barcelona, sobre o papel das linguas nos centros escolares.
O relatorio do Instituto Perdouro integrará diversas proxeccións audiovisuais, xunto coa reprodución de fragmentos concretos do programa radiofónico “Proxecto Neo”, dedicado á integración de persoas neofalantes. Desta maneira, o protagonismo centrarase nas persoas participantes en varios deses programas durante o curso pasado: Karina Parga (Vicedirectora do IES Perdouro), Antonina Semedo (de Batuko Tabanka), Ummer Mohammad (estudante de orixe pakistaní), Juan Mario Lawicki (estudante de orixe ucraniana) e Catalina Sánchez Luengo (xerente da Fundación Expomar, orixinaria de Villanueva de la Serena en Badajoz).
A seguir reproducimos o texto introdutorio do díptico elaborado pola Universidade de Barcelona para difundir a xornada:
O ROL DAS LINGUAS DA INMIGRACIÓN NA ESCOLA
Nos últimos anos, o Grupo de Estudo de Linguas Ameazadas inventariou as linguas faladas en Cataluña. Agora que xa nos podemos facer unha idea da diversidade presente no noso país, é o momento de preguntarnos: que se ten que facer con estas linguas?
Non hai dúbida de que a contorna fundamental nestes momentos iniciais é a escola e por iso nos últimos anos fomos traballando no proxecto de procura «O rol das linguas da inmigración na escola». Nesta xornada facemos énfase no ensino secundario, que nos parece un ámbito crucial, e ademais quixemos poñer o foco especialmente en Galicia. Pareceunos que un intercambio de experiencias con profesionais galegos, en situacións tan parecidas e á vez tan diferentes, sería moi proveitoso para todos. Ademais, pensamos que é moi importante coñecer máis a fondo o «Modelo Burela», así como o proxecto Galauda, dúas experiencias que exploran as vías da diversidade lingüística para promoveren a convivencia e a igualdade de oportunidades entre os mozos.
Ademais destas experiencias, tamén pedimos a catro expertos que debatan nunha mesa redonda sobre cal ten que ser o rol das linguas da inmigración na escola. Finalmente, presentaremos os resultados da nosa investigación nos centros de ensino da comarca da Anoia.
http://gela.cat/doku.php?id=agenda






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



