O deputado popular pon en valor o anuncio efectuado polo candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo -onte na Mariña- en relación co mantemento do mesmo prezo da luz para Alcoa
Balseiro: “Un Goberno solvente (PP) ofrece solucións alí onde outros só xeraron problemas (PSOE)”
Vía libre para garantir a actividade e emprego na multinacional do aluminio grazas aos compromisos impulsados pola Xunta e que está levar a cabo o ministro de Industria, Jose Manuel Soria.
Chamamento á oposición para que non ofrezan desconfianza nin crispación ante a resolución dunha problemática que garantirá a viabilidade dunha empresa da importancia económica e social de Alcoa, “si así o fixeran estarían antepoñendo os intereses electorais aos intereses xerais de Galicia e recoñecendo a súa frustración ante a implicación decisiva xogada por Feijóo na procura dunha solución”.
A Mariña, 12 de outubro de 2012.- O deputado e número tres da candidatura do Partido Popular en Lugo, Jose Manuel Balseiro, dixo hoxe que “os gobernos solventes do PP ofrecen solucións alí onde outros só xeraron problemas”. Balseiro fixo estas declaracións en clara alusión á solución impulsada pola Xunta e o Ministerio de Industria para Alcoa dirixida a paliar as graves consecuencias do déficit tarifario herdado dos socialistas que puxo entre as cordas ás grandes empresas consumidoras de enerxía como a multinacional do aluminio, con centros de traballo na Mariña lucense e na Coruña.
Balseiro quixo poñer en valor o anuncio efectuado onte na Mariña polo candidato popular á Presidencia da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo en relación coa sinatura por parte do ministro de Industria, Jose Manuel Soria, da orden que permitirá solucionar tras manter o mesmo prezo da enerxía para Alcoa.
TARIFA COMPETITIVA
A nova ten gran relevancia xa que, xunto ao compromiso do Goberno central popular de manter o desconto por interrumpibilidade, implica a conformación dunha tarifa competitiva para esta empresa e polo tanto ofrece garantías para evitar o seu peche, a continuidade da súa actividade despois do 31 de decembro e de todos os postos de traballo directos e indirectos a ela asociados.
IMPLICACIÓN DIRECTA DO PRESIDENTE DA XUNTA
O número tres da candidatura popular pola Mariña lucense agradeceu a implicación do Presidente da Xunta “que desde o primeiro día foi o principal aliado dos intereses de Alcoa e os seus traballadores”, mantivo a esperanza en que todos os trámites iniciados cheguen a bo porto e sinalou a importancia de que os políticos, e as distintas administracións traballen na procura de solucións e non -como fixo o PSOE durante o seu mandato- en provocar problemas.
CHAMAMENTO Á OPOSICIÓN
Finalmente Balseiro fixo un chamamento ás forzas da oposición para que recoñezan a importancia desta boa nova e sinalou que socialistas e nacionalistas non deberan ofrecer desconfianza nin enfadarse por resolver unha problemática cunha solución que garantirá a viabilidade dunha empresa da importancia económica e social de Alcoa, porque si así o fixeran estarían antepoñendo os intereses electorais aos intereses xerais de Galicia.
Balseiro atribuíu as críticas efectuadas pola oposición nos últimos tempos a o recoñecemento da frustración que a socialistas e nacionalistas lles produce o papel de Feijóo en apoio de Alcoa. “O que eles non foron capaces de conseguir, Feijóo logrouno en poucos meses, tras unha implicación directa na procura desta solución satisfactoria”
















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



