Val: “A Xunta gastou 250.000 euros nunha escola infantil pechada, mentres noutros sitios faltan prazas”
-O candidato da Mariña José Ramón Val critica en Alfoz a “lamentable xestión” do goberno de Feijóo, “que se atopou múltiples proxectos moi avanzados polo anterior goberno e non foi capaz de facer nada”
Os candidatos da Mariña José Ramón Val acudiu esta mañá a visitar a escola infantil de Alfoz, na que o goberno de Feijóo investiu 250.000 e a mantén pechada por falta de nenos. “Este é un símbolo claro da lamentable xestión da Xunta na Mariña. Gastaron 250.000 euros nunha escola infantil en Alfoz que agora está pechada, mentres en Foz e Burela hai máis de cen nenos sen praza”, criticou Val, número tres da candidatura do PSdeG-PSOE na provincia. “O PP veu o outro día a destacar os seus logros a Alfoz, pero a realidade é que atoparon múltiples proxectos moi avanzados polo anterior goberno e non foron capaces de facer nada”, afirmou o socialista.
Entre eles destacou que “non foron quen de resolver en case catro anos o problema da concentración parcelaria e a cesión de fincas; o bipartito investiu tres millóns de euros en arranxar as pistas e só quedaba resolver as alegacións, pero nin iso fixeron”. Ademais, incidiu na “paralización do polígono industrial, que non foron capaces de poñer en marcha”, así como “tampouco construíron nin unha soa vivenda social nin a residencia da terceira idade, para o que xa tiñan os terreos cedidos”, dixo.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



