José Ramón Val: “Feijóo só se lembra do Hospital da Costa nos debates, tras catro anos sen facer nada”
-O número tres da candidatura do PSdeG-PSOE por Lugo acudiu xunto co secretario xeral provincial, José Ramón Besteiro, e o candidato Ismael Rego a unha reunión cos sindicatos médicos, que lles transmitiron “unha situación moi preocupante, con pacientes que teñen que ser derivados a clínicas privadas”
O número tres da lista do PSdeG-PSOE por Lugo, José Ramón Val, acudiu esta mañá a unha reunión con representantes dos sindicatos médicos no Hospital da Costa, acompañado do secretario xeral da provincia, José Ramón Besteiro, e o candidato Ismael Rego. Val afirma que a situación que lles transmitiron é “moi preocupante, con pacientes que teñen que ser derivados a clínicas privadas de Lugo”. O socialista referiuse ademais ao debate de onte, no que Alberto Núñez Feijóo fixo mención do centro hospitalario para volver prometer a súa ampliación. “Sorprendentemente Feijóo só se lembra do Hospital da Costa cando chegan os debates electorais, cando leva case catro anos sen facer absolutamente nada”, censurou.
O candidato mariñán lembra que “hai un plan director aprobado e hai terreos, o que non hai é vontade política”. Outras das preocupacións que lles transmitiron os afectados na reunión son os horarios excesivos e acumulación de xornadas, co que a Xunta evita novas contratacións, a non cobertura de baixas laborais e “en definitiva, a continua diminución da calidade na sanidade pública”. Val, Besteiro e Rego visitaron ademais as casetas modulares prefabricadas instaladas no complexo na que atenden os pacientes de xeito provisional. “Isto é todo o que fixo o goberno do PP neste tempo, poñer unhas casetas que fan que a xente teña que ser atendida nunha situación precaria”, denuncia.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



