DUETO XUVENIL CON COMPROMISO EN SANTIAGO
O Santiago Futsal acaparará os compromisos oficiais laranxas na categoría xuvenil esta semana. Ambos os dous conxuntos, de Nacional e Autonómica, desprazaranse á capital galega o domingo.
Os infantís terán moito traballo nesta ponte. Mañá recuperarán a primeira xornada, visitando Os Meigallos de Sarria, e o sábado volverán viaxar para disputar a terceira cita do calendario de Autonómica en Verín.
Os amigables completarán o resto da axenda laranxa. Vista Alegre acollerá mañá unha cita con denominación de orixe burelista, entre cadetes e xuvenís, e o venres o encontro de alevíns entre o ED EON Burela FS Alevín e A Mariña FS. O sábado, os cadetes tamén se verán as caras co ACD Xove.
Liga Nacional Xuvenil
Santiago Futsal-Burela FS
Domingo 4 de novembro, ás 12.15 horas, no pavillón Santa Isabel de Santiago de Compostela
Liga Autonómica Xuvenil
Santiago Futsal-Burela FS (15ª xornada)
Domingo 4 de novembro, ás 10.00 horas, no pavillón Santa Isabel de Santiago de Compostela
Liga Autonómica Cadete
Cidade de Narón-Burela FS (Aprazado)
Liga Autonómica Infantil
Os Meigallos FS-ED EON Burela FS (aprazado da 1ª xornada)
Xoves 1 de novembro, ás 11.00 horas, no pavillón José Mario González de Sarria
EDM Verín FS-ED EON Burela FS
Sábado 3 de novembro, ás 18.00 horas, no pavillón A Granxa de Verín
Amigables
Burela FS Cadete-Burela FS Xuvenil
Xoves 1 de novembro, ás 18.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ACD Xove FS Cadete-Burela FS Cadete
Sábado 3 de novembro, ás 11.30 horas, no pavillón municipal de Xove
ED EON Burela FS Alevín-Club del Mar A Mariña FS
Venres 2 de novembro, ás 18.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela