Ficha partido Monterroso – Viveiro FSF
Donapel Monterroso.: Akira, Elisa, Nuria, Oalia, Eva. Tamén xogaron.: Noelia e Verónica
Viveiro FSF.: Diandra, Rocio, María, Nerea, Xiana. Tamén xogaron.: Andrea, Raquel, Patricia e Conchi
Arbitro.: Fernández Cabano
Goles.: 0-1 (Nerea); 0-2 (Xiana); 1-2 (Noelia); 1-3 (María); 2-3 (Nuria); 3-3 (Nuria); 3-4 (Xiana)
O partido estivo condicionado en todo momento polo estado esbaradío da pista.
O Viveiro FSF comenzou domiñando o xogo e tendo a posesión do balón ante un equipo que apostaba polo xogo directo e constantes balóns colgados a espera dos fallos defensivos do Viveiro.
Froito do dominio e do xogo combinativo, lográmonos ir ao tempo de lecer cunha cómoda ventaxa de dous goles a cero.
A segunda metade comenzou como remtara a primeira, pero cun xogo moito mais embarullado e unha presión mais axfisiante do cadro local.
Tras acadar o 1-3, anotado por María, esta tívose que retirar conmocionada por un golpe na cabeza, que levara nos intres finais da primeira metade.
A lesión de María e o desconcerto no Viveiro, foi aproveitado polo Monterroso para igualar o marcador a falta de 4 minutos.
No último minuto Xiana anotou o definitivo 3- 4, conseguido tras facer a xogada coñecida como “A Xitana”, que a saque de porta de Diandra a deixou man a man coa porteira local, a cal batiu de tiro cruzado, dando así unha merecida e sufrida victoria ao Viveiro, que comeza a liga con bo pe.