Unifoz, ten que manifestar unha vez máis a incapacidade do E.Goberno do PP de Foz, ante a falta de organización, deixadez , falta de iniciativa e a INSENSIBILIDADE COAS PERSOAS MÁIS NECESITADAS.
En estas condicións UNIFOZ, quere dicirlle ao E.G. que si realmente QUERE FOZ, que o mellor que pode facer é presentar a dimisión, para constituír un novo goberno forte e con ganas de traballar por Foz.
Este goberno do PP de Foz, gastou ao día de hoxe na partida de festexos segundo figura na contabilidade municipal a cantidade de 105.715 €, tendo en conta que no presuposto figuran 60.000 €, está a partida en negativo con -45.715 €.
Todo isto sen coñecer as facturas que aínda figuran fora de contabilidade e sen aprobar, e o que falta para rematar o ano, podemos estar a falar dun gasto de preto de 150.000 €.
Ao marxe de ser unha irresponsabilidade, e con informes en contra que poden ser constitutivos de delito, tamén é unha mostra clara de que a este goberno so lle preocupa as festas e non as persoas, pois mentres todo isto ocorre, en AXUDA NO FOGAR, seguimos sen prestar o servizo necesario.
Si fai un tempo había dúas persoas, unha rematou o contrato e este goberno nada fixo para cubrir esa baixa, pois nada lle importan as persoas que necesitan esta axuda.
Por outro lado, quérenos enganar con cortinas de fume dicindo que xa se atenderan non sei cantas persoas máis de dependentes, algo que nos alegramos,,pero sería bo Sr Concelleiro dixera, e canto tempo levan eses veciños esperando que a Xunta lles dera ese servizo despois de ter o dereito ao mesmo.
Diga Sr Alcalde , cantas persoas atendemos en axuda a domicilio??? E cantas temos sen atender?? Hai algún concello, que so teña unha persoa de axuda no fogar???
É MAÍS IMPORTANTE GASTAR EN FESTAS QUE EN AXUDAR A ESTAS PERSOAS QUE NECESITAN AXUDA NO FOGAR????
SERÁ QUE ALGUNHAS DE ESTAS PERSOAS XA NON PODEN IR A VOTAR. DÍGANOS SR ALCALDE.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



