O TSXG tomba o artigo do “Decretazo contra o galego” que supuxo o varrido do galego no 96% dos centros de infantil das cidades
O GALEGO TERÁ QUE REGRESAR Á EDUCACIÓN INFANTIL DAS CIDADES
O Tribunal considera que debería outorgárselle ao galego “un trato diferenciado sobre o castelán nunha proporción razoable”
Carlos Callón: “O decretazo contra o galego é ilegal nos seus aspectos fundamentais, polo que se impón a súa derrogación e que a Xunta retome o camiño da normalización lingüística”
A Mesa ampliará información mañá nunha conferencia de imprensa do presidente da asociación ás 11 h na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (praza de Cervantes)
Pódese consultar a sentenza na ligazón: http://www.amesanl.org/gl/mediateca/dir/mediateca/Sentenza+Decretazo+contra+o+galego
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2012.- Esta tarde coñeceuse a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sobre o recurso contra o “decreto do plurilingüismo”, chamado polas comunidades educativas como “decretazo contra o galego”. A pesar de que son varias as demandas presentadas contra esta norma legal, o TSXG informa hoxe da realizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, xa que foi tamén a primeira en se interpor. Unha vez que o Tribunal considera que esta norma promulgada por Alberto Núñez Feijóo é “ilegal” nos seus aspectos fundamentais, o presidente da Mesa, Carlos Callón, considera que se “impón a derrogación total do decreto e que a Xunta retome o camiño da normalización lingüística”.
O TSXG admite que son contrarios a dereito dous dos artigos claves desta norma legal imposta polo PP contra o criterio de todos os sindicatos, todas as organizacións estudantís, todos os movementos de renovación pedagóxica e (excepto unha) todas as asociacións de nais e pais de Galiza. O aspecto fundamental desta resolución xudicial é que se tomba o artigo 5.2 do decreto, relativo á consulta en educación infantil. O TSXG afirma con contundencia que a Administración non pode “abdicar” das súas responsabilidades e que a elección de lingua no ensino fica “fóra” da “esfera de elección dos pais”. “Non cabe dúbida de que a dita abdicación da potestade de ordenación xeral do ensino ten lugar cando se establece que o profesorado usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, reputando decisivo para determinala o resultado dunha pregunta que se lles efectuará aos pais, nais, titores/as ou representantes legais dos alumnos antes do comezo do curso escolar”, sinala o TSXG. Así, nestes momentos o 96% dos centros de educación infantil das cidades declaran que non utilizan o galego mercé a este artigo, mais a situación muda despois da resolución xudicial. Por iso desde A Mesa afirman con “enorme satisfacción” que “o galego terá que regresar á educación infantil das cidades”.
O TSXG tamén elimina o artigo 12.3 ao que cualifica como “ilegal”, xa que permitirlle “ao alumnado a utilización do castelán malia que sexa o galego a lingua en que se imparte a área, materia ou módulo, contradí aquel mandato, xa que non facilita a adquisición da destreza esixida ao alumno na lingua propia desta Comunidade Autónoma desde o momento en que se lle permite que non fale ou escriba na lingua galega cando é esta a propia da área, materia ou módulo”. Hai que lembrar que o principio de que nas materias que se impartan en galego deba utilizarse a lingua galega foi un dos elementos centrais en que se centrou o PP para atacar o decreto de 2007. Porén, este principio que o TSXG considera o único admisíbel legalmente non estaba só no decreto de 2007, senón que figuraba tamén en toda a lexislación autonómica anterior, até que a Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo decidiu impor un principio que, ademais de ilegal, vai contra todo criterio pedagóxico.
Noutros aspectos do articulado do decreto, aínda que o Tribunal considera que o galego debería ter “un trato diferenciado sobre o castelán nunha proporción razoable” para garantir a igualdade entre os dous idiomas oficiais, avalía máis como decisións políticas cuestionábeis outras das decisións adoptadas pola Xunta.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



