A POLÍTICA DO MEDO. O GOBERNO DO ODIO
*
Unha das características principais das formas de facer política máis reaccionaria, é a política do medo. Básase en difundir un mensaxe que introduza nas persoas que o reciben un medo, que consiga controlalas e evitar que se revelen en contra do poder establecido. O medo difúndese con mensaxes coma despidos masivos, perda de servizos básicos para a sociedade, ameazas constantes a adversarios políticos, etc. Esta política ten como fin, o mantemento dos que obstentan o poder nos seus postos a calquera prezo, principalmente cando teñen medo a perdelos. Este tipo de accións, xa vividas en Viveiro, volve de mans dun Alcalde, que prefire utilizar formas políticas reaccionarias e dictatoriais, tentando controlar ás veciñas e veciños có medo como arma, lanzando imaxes falsas sobre os demais, para evadir a súa responsabilidade na xestión política e económica, dos últimos dez anos no Concello.
Viveiro conta cun plan de axuste, aprobado cos votos do noso grupo. Ademais de tentar pagar os máis 15 millóns de euros de débeda acumulada na xestion económica do Concello, primeiro dos populares, e logo dos socialistas(quenes a levaron en todos os gobernos), dito plan está basado no proxecto de presupostos municipais do ano 2012, que como indica o plan textualmente, “si bien está elaborado, está pendiente de aprobar”. Como é coñecido por todas as veciñas e veciños, dito presuposto non está aprobado, ao igual que non o están os orzamentos municipais dende o ano 2008. Polo tanto, o incumprimento do plan comeza coa propia incapacidade ou desinterese do Alcalde en aprobar o documento de orzamentos, para definir cales son as políticas que levará adiante o noso concello, tal e como marca a lei, e deixar de gastar o diñeiro de todas e todos os veciños sen control de ningún tipo.
O BNG oponse a subir as taxas e impostos municipais aos cidadáns de Viveiro, cremos que non teñen que pagar a nefasta xestión económica do Concello, e dada a situación de crise, unha suba supón perda de poder adquisitivo, o que provoca, máis paro e máis recesión. Se lles houbera que pedir un esforzo por vía impositiva, tería que ser cun presuposto municipal claro e transparente, que explicara con detalle a onde vai cada céntimo do seu diñeiro.
As medidas económicas que segundo os medios de comunicación dí o goberno socialista que vai levar adiante, son a consecuencia dunha xestión económica sen control, sen sentido, e con falta de previsión. Sen orzamentos dende o ano 2008, e sen interese ningún en controlar o gasto. Nós esa xestión non a apoiamos nin dentro do goberno, onde reivindicamos en numerosas ocasións un cambio de rumbo, orzamentos e boa xestión, nin dende a oposición, posto que con máis razón, este concello ten que cambiar o rumbo económico, se non quere chegar á ruina.
O BNG mantén, que o mellor que lle pode pasar a Viveiro, ao noso Concello, é o abandono do Sr. Roel e do Sr. Aja. Sería unha boa nova, que levaría consigo unha rexeneración política que é, agora máis que nunca, imprescindible para virar o rumbo. Lembrarlle ao Alcalde, que para que agora a dereita goberne (se non está gobernando xa), hai dúas posibilidades: a primeira que nós lles demos o apoio, o cal non imos a facer, e a segunda, cunha pésima xestión política no goberno municipal, que iso o Partido Socialista si que o está a facer.
Os gobernos, cando gobernan con odio, perden os valores e a ideoloxía. O odio cega e non deixa ver, o odio do Alcalde cara ós que non pensan coma él, é propio de tempos, que eu por sorte, non vivín.
Nós con iso non temos nada que ver, o odio non colle na miña concepción da vida e da política, cremos nos valores propios da verdadeira esquerda: democracia, respeto, liberdade de expresión e opinión, participación cidadá, transparencia na xestión pública, igualdade entre persoas, unha sociedade xusta, laica e garante dos dereitos universais.
* Bernardo Fraga é portavoz municipal do BNG no concello de Viveiro.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



