A Delegación de Igualdade do Concello de Xove organizou actos conmemorativos do Día Contra a Violencia de Xénero: O 23, en colaboración coa Asociación de Mulleres Bolboretas, unha recollida de firmas e mensaxes e a imposición de lazos morados. Na web do concello (www.xove.es) pódese ler o manifesto e todos os veciños e veciñas poderán adherirse e deixar opinións, suxestións, comentarios. Durante a fin de semana colgará dende a fachada do Concello un lazo morado en lembranza das vítimas desta lacra social.
