DIA DO URBANISMO
O 8 de novembro celébrase o Día Mundial do Urbanismo, creado pola ONU en 1949, “co fin de defender os intereses públicos da planificación urbana”. A R.A.E. define “urbanismo” como “o conxunto de coñecementos que se refiren ó estudo, desenvolvemento e progreso dos pobos en orde ás necesidades e á calidade de vida. Un urbanismo ordenado, equilibrado e coidadoso co entorno natural, sen a acción destrutiva das institucións, nen concesións á especulación, é garantía dunha vida mellor”. En España tratouse o asunto por primeira vez dun xeito formal no I Congreso Nacional de Urbanismo, celebrado en Madrid en 1929; pero os logros non foron os esperados pois xa entón fallou a colaboración dos concellos. No informe da Sociedade de Urbanistas de certo país, lese: “es cuestionable que las autoridades se han entregado al albedrío de construir o remodelar espacios que con justicia generan la protesta ciudadana, ello sin considerar los indicios de corrupción…Por otro lado, es el ambiental un tema olvidado que reduce la calidad de los recursos turísticos …” É obvio o interese do urbanismo, que debería ser preocupación principal dos pobos e dos gobernos, mais alá dos discursos demagóxicos, en aras dunha harmonía que permita o disfrute dos bens naturais que son de todos, e que por iso mesmo convértense en cobizada presa para unha actividade económico/política, que nos últimos tempos acadou niveis de escándalo. Os focegos traemos entre mans un tema que esixe unha reflexión serena e racional; xenerosa, con visión de futuro, progresista, dende o maior respecto medioambiental posible, evitando ó máximo as agresións ós sentidos: vista, oído, olfacto… De aí a pregunta ¿que se fai coa depuradora? A insultante, por cheirenta, experiencia vivida pola veciñanza dende a súa instalación, sempre susceptible de repetirse, que contou co beneplácito e a defensa apoloxística dos manilladores do predio municipal, abonda ben!… Que o Día do Urbanismo nos ilumine e nos abra as mentes á racionalidade e á sensatez.
Suso Fernández




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



