DOLO: ‘O DE VALLADOLID SERÁ OUTRO COMPROMISO CRUCIAL’
O Burela FS Pescados Rubén continúa imparable. Co triunfo no parapeto do UA Alicante (1-2), xa suma sete vitorias consecutivas, que o manteñen unha xornada máis na crista de Primeira e lle insuflan unha nova bafarada de aire fresco para o próximo reto, o vindeiro sábado. O cadro laranxa recibirá o Valladolid FS (Vista Alegre, 18.30 horas) dende a terceira praza “noutro compromiso crucial para os nosos obxectivos” asegurou a capitá Dolo, puntualizando que “un resultado positivo suporía ampliar a fenda cos que veñen detrás e, precisamente por iso, o Valladolid FS chegará con máis ganas, para reducir esa distancia de 6 puntos co grupo de cabeza”.
A ala-pivote coruñesa, que foi a encargada de marcar a primeira vantaxe das burelistas en Alacante, destacou o mérito dos tres puntos en terras levantinas: “Foi un resultado axustado fronte a un equipo sólido e con calidade; soubemos adaptarnos á lentitude da pista e non tivemos ansiedade, incluso nos momentos de inferioridade, nos que podía perigar o resultado”. Coa xogadora coincidiu o adestrador, Javier Pardeiro, que incidiu ademais “no dominio do Burela FS na primeira parte, con moitas opcións de sentenciar o encontro, e nun maior equilibrio tras o descanso, pola presión do UA, no que a pesar de contar con menos forza, tamén gozamos de numerosas ocasións”. Ambos amosaron a súa satisfacción “polo traballo do equipo, incluso no último tramo, cando estabamos limitadas polo cansazo, e polo triunfo ante un equipo que estará na zona alta, un equipo que non especula e que trata ben a pelota”.
A incondicional burelista tamén tivo palabras para o reencontro que propiciará o duelo do Valladolid coas que foron as súas compañeiras de vestiario durante catro anos, Claudia Rodríguez e Rosana Carballés: “Son dúas xogadoras da Mariña, volven á casa e para xogar fronte ao seu antigo equipo; virán con moitas ganas e ilusión por facelo ben na súa terra e por poder optar a unirse aos de arriba” dixo Dolo, concluíndo que “para nós tamén será un partido especial, pero debemos centrarnos. Cada un perseguirá os seus obxectivos; deséxolles o mellor, pero os tres puntos deben quedar en Vista Alegre”.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
