A CASA DA CULTURA ACOLLERÁ UNHA CHARLA O VINDEIRO MARTES SOBRE A NOVA NORMATIVA PARA CONTRATAR A EMPREGADAS DO FOGAR.
Lourenzá, 24 de novembro de 2012. O salón de actos da Casa da Cultura de Lourenzá acollerá o vindeiro martes, día 27 de novembro, ás sete e media da tarde unha charla sobre a nova normativa para a contratación de empregadas do fogar.
A concelleira de Educación, Cultura e Turismo, María Guadalupe Flórez Seivane, anunciou que “o acto está organizado polo Concello de Lourenzá, a través do Punto de Información ás Mulleres (PIM) local, que depende do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Mondoñedo, co que temos un convenio”. A charla leva por título “A afiliación á Seguridade Social das empregadas do fogar”.
Lupe Flórez explicou que esta iniciativa “xurdiu porque coa nova normativa en materia de afiliación das empregadas de fogar xorden dúbidas sobre os pasos a seguir e trámites a realizar tanto por parte das empregadas do fogar como para os seus contratantes. Así pois, tratarase de explicar as variacións que houbo na materia así como as distintas opcións de contratación tanto desde o punto de vista do traballador como do contratante”.
A charla correrá a cargo de Fátima Rodríguez, que é avogada no CIM mindoniense.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



