17 a 25 de novembro de 2012. Nestas datas, celébrase a Semana Europea de Prevención de Residuos. Esta iniciativa da UE pretende concienciar sobre a necesidade de reducir a produción de residuos, incidindo en todo que se pode e debe facer antes de eliminar, para reducir os custos do tratamento e a nocividade dos residuos producidos. O millor residuo, portanto, é aquel que non se produce. Mais que acontece en Galiza? Sen que a Xunta adicara un só euro a prevención, dende 2009 a xeración de refugallos descendeu un 7,68%… pola crise. Este é, segundo a Xunta*, o principal “avance” do PXRUG 2010-2020, que fixaba o obxectivo estratosférico do 10% de redución… en 2020. Dende ADEGA queremos insistir na prioridade legal que a prevención, a recollida selectiva e a compostaxe teñen na xestión dos refugallos, ao contrario do que pretende o actual PXRUG e realiza SOGAMA. Participa con ADEGA nas iniciativas que promovemos para esta semana da prevención. …
ADEGA asegura que ante o fracaso de SOGAMA, a crise é un “avance” para a Xunta
ADEGA asegura que ante o fracaso de SOGAMA, a crise é un “avance” para a Xunta
Relacionado
-
A Deputación inicia obras na estrada LU-P-5207 que une o núcleo urbano de Ribadeo con Vilela
-
Por Viveiro pide a construción dun parque infantil cuberto e melloras na accesibilidade da beirarrúa na LU-540, en Xunqueira
-
Presentada a programación das Festas do Carme de Foz, que se celebran do 11 ao 17 de xullo