GONZÁLEZ BARCIA REUNÍUSE EN MADRID CO DIRECTOR GENERAL DE CARRETERAS. DO ENCONTRO SAIU CON BOAS SENSACIÓNS E AGARDA OBTER NOVAS POSITIVAS EN BREVE CO OBXECTIVO DE FAVORECER O DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO DE BURELA.
Burela, 15 de novembro de 2012. O alcalde de Burela, José María González Barcia, que se atopa de viaxe en Madrid, mantivo un encontro esta mañá co director general de Carreteras do Ministerio de Fomento. Na xuntanza abordaron cuestións relativas ao PXOM. Barcia dixo que a sensación coa que sae é positiva e agarda que se plasme en breve para favorecer o desenvolvemento urbanístico do concello.
O rexedor explicou que “hoxe pola mañá mantivemos aquí, en Madrid, unha reunión co director general de Carreteras do Ministerio de Fomento, Jorge Urrecho, para ver algunhas cuestións vinculadas con Burela e nese sentido as sensacións que teño percibido neste encontro son moi positivas. Seguramente que en próximos días estas sensacións se van plasmar tal e como nosoutros para favorecer, evidentemente, o desenvolvemento urbanístico do noso concello”.
González Barcia indicou que “unha cuestión da que falamos foi sobre o informe que o Ministerio de Fomento, a través da Dirección General de Carreteras, ten que emitir sobre a aprobación inicial do plan xeral de ordenación municipal. Neste asunto é moi probable que nos próximos días haxa noticias e insisto en que as sensacións son boas”.
Outro dos asuntos abordados no encontro desta mañá na Dirección General de Carreteras foi a cesión das dúas vías de servizo do que se considera a actual variante de Burela: a que vai desde a raqueta do hospital cara a zona do Torno e a que vai desde o mesmo lugar e que pasa pola parte darriba do Perdouro ata a Areoura. O alcalde sinalou que “estas dúas vías de servizo consideramos que son fundamentais e imprescindibles para o futuro desenvolvemento urbanístico do noso concello e, por suposto, tamén vamos esperar a que Fomento faga o informe sobre o noso plan xeral”.
José María González Barcia lembrou que “no seu día Fomento, cando era ministro José Blanco (do Partido Socialista), tiña emitido un informe desfavorable sobre o documento inicial do plan xeral de ordenación municipal. Por culpa dese informe desfavorable nosoutros vímonos na obriga de debuxar no plan xeral, que sometimos a aprobación inicial, o trazado da autovía Barreiros-San Ciprián tal e como se reflectía no estudio informativo que fixo no seu momento o Ministerio de Fomento por aquel entonces presidido por José Blanco”. O rexedor insistiu en que “ese informe estivo durmindo nun caixón durante un tempo ata que nos enteramos de que existía e foi un condicionante importante, pero non moi positivo que digamos, para a elaboración do plan xeral”.
O alcalde manifestou que saiu desta reunión con moi boas sensacións “e vamos esperar que nos próximos días se plasmen nas realidades que eu e todos agardamos”.
González Barcia manterá unha xuntanza esta tarde co director general de Marina Mercante.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



