O emprego na Mariña
A plataforma Comarca de Mondoñedo Unido creouse coa premisa de facer canto se puidese para loitar contra a desfeita que supuxo o peche de varias empresas da comarca tales como o ERE de Muebles Ermida en Vilanova de Lourenzá e o peche de Finsa-Ecar en Mondoñedo. Está claro que na ampla zona da Mariña foron moitas máis pero circunscribirémonos a Mondoñedo e as cidades do seu entorno que xa temos dabondo de que falar. Os Concellos fan o que poden e así nolo demostrou o de Mondoñedo na ultima xuntanza onde se concretaron rutas e tempos para seguir traballando, por exemplo para facer a reunión cos novos políticos saídos das ultimas eleccións que formarían parte da Mesa de Seguimento da Crise Industrial para ver de amañar moitos dos temas pendentes.
E en canto o que se fixo ata hoxe, redúcese a esperar á boa intención das empresas que teñen no seu punto de mira a súa instalación industrial nesta zona, e cando estamos a espera da decisión sobre da situación na que quedaría Mondoñedo coa nova Lei de Planta para os Xulgados, que nos fai estar en vilo, chegan dúas noticias pouco tranquilizadoras e que nos dan medo.
A primeira é que non sabemos a intención da Xunta cando aproba a oferta que fai Viveiro do edificio da súa biblioteca para ampliación dos Xulgados.Que quer dicir?
Que non se van pechar os xulgados en toda a Mariña?
Que vai ser o único que quede na zona e os demais hai que pechalos e como é pequeno e hai que facelo máis grande é necesita o espazo da biblioteca?
Da suba das taxas xudiciais dise ¡Que non pretenden recadar cartos! Si isto é certo, corresponde a verdade a versión que di que se fai por despexar de traballo os xulgados. Entón estamos aviados. Con esta medida restan traballo ós xulgados, e ao ter menos traballo poden prescindir de algún: Por exemplo dos da Mariña, se non hai preitos para que queremos xulgados! Un xa non sabe que pensar.
A segunda é o peche do supermercado Cemar desta cidade.
E unha magoa xa que ten un persoal competente, amábel, e ademais os postos de traballo que ten, son verdadeiramente útiles na zona, pero xa se viña vir, pois habendo como hai un supermercado representante da casa Covimar nesta cidade a marca desta empresa xa tiña cuberta a súa cuota neste relativamente pequeno mercado.
Cada posto de traballo que se perde, polo motivo que sexa, é un revés na aspiración dos habitantes desta zona de ser persoas cos dereitos que a Constitución nos dá e que estamos a perder por culpa… De quen? De que? Por que? Que fixemos? Que non fixemos? Que imos facer? Preguntas moi sinxelas de contestar pero imposibles de levar a cabo tal e como estamos. É unha falacia dicir que vivimos por riba das nosas posibilidades. Só os que manexaron os cartos o fixeron, viviron cos cartos dos demais por exemplo gastándose os aforros de quen confiaron en eles.
Que caro está o traballo, co fácil que seria inverter os cartos en crealo e despois de telo, cada cidadán co que pagara de imposto, e mercara nas tendas faría funcionar a economía. Pero é moito mais fácil obedecer a quen nos fundiu; as Vacas Sagradas chamadas vulgarmente Bancos. Estannos a convencer a forza de que só eles poden salvarnos facéndose eles mais ricos. Entramos na época da Beneficencia.
Xosé Ruiz Leivas

















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



