Tralo anuncio do Organismo Provincial de que garante o remate das melloras nunha estrada riotortense
O Equipo de Goberno da Deputación de Lugo mentíu aos riotortenses no tocante as obras da estrada Marco de Alvare-Riotorto
. As contradiccións do señor Martínez demostran que enganou aos cidadáns posto que fai quince días manifestou que as obras paralizáronse por temas de desprendementos, e por problemas alleos a empresa e agora di que ese paro se debeu a problemas económicos da empresa.
. Os populares de Riotorto insisten en que as casualidades non existen e denuncian as actitudes con fins electorais por parte da Deputación, xa que antes das eleccións dedícanse a levar maquinaria ao lugar e unha vez pasados os comicios electorais paralizan o que non empezaron
. Os populares lembran que o Señor Besteiro concédelle é empresa unha ampliación do prazo de execución ata abril do 2013 polo que, si é certo que a empresa ten problemas económicos, rescinda o contrato e non conceda unha ampliación do prazo
Riotorto 29 de novembro de 2012.- Logo das declaracións verquidas polo Señor Martínez, o Partido Popular de Riotorto denuncia, con impotencia, as mentiras e enganos por parte do Equipo de Goberno da Deputación de Lugo aos riotortenses no tocante a estrada Riotorto- Marco de Alvare.
“Fai unhas semanas, comprobamos in situ, como a Deputación de Lugo, tiña paralizadas as obras da estrada Riotorto- Marco de Alvare. Días despois, o señor Martínez, saía decindo, a bombo e platillo, que as construccións paralizáranse por temas de desprendementos. ¿Cal é a última sorpresa? Que agora atribúa esas paralizacións a problemas económicos da empresa”- afirma o PP de Riotorto, quen asegura que as contradiccións son patentes.
Aseguran os populares que as casualidades non existen, e menos en política, e afirman que as obras da estrada Riotorto- Marco de Alvare son empregadas polo Equipo de Goberno con fins electorais.
“Resulta moi curioso que antes das eleccións, o Equipo do Señor Besteiro, instale no lugar, palas e demáis maquinaria, e unha vez pasados os comicios electorais desinstalen todo” manifestan os populares, quenes din coñecer moi ben as “artimañas” da Deputación de Lugo, que non son outras que actuar con fins electorais.
“Vivimos esta situación nas eleccións municipais e nas pasadas autonómicas, moito prometer e traer máquinas para enganar aos cidadáns, pero a hora da verdade, as obras están paralizadas”- afirman os populares.
O PP lembra que o Señor Besteiro concédeulle a empresa en data 24-10-12 mediante decreto unha ampliación do prazo de execución ata 30 de abril do 2013, basada esa ampliación en problemas técnicos e alleos a empresa, polo que, si é certo que a empresa ten problemas económicos, rescinda o contrato e non minta decindo que son problemas técnicos.
Conclúen os populares instando a Deputación a que se poña a traballar no arranxo desta estrada e insisten en que os veciños de Riotorto non queren palabrería nin fotos, senón que queren o arranxo deste vial para poder disfrutar cando antes desta infraestructura tan necesaria para toda a poboación.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



