Nun asunto tan serio como este, Xunta e PP están do lado dos veciños ante unha decisión que “nin entendemos, nin compartimos e que, na medida das nosas posibilidades trataremos de evitar”
O PP AMOSA A SÚA ROTUNDA OPOSICIÓN AO PECHE DAS OFICINAS DE NOVAGALICIA BANCO EN RIOTORTO E LAMENTA “A FALTA DE INICIATIVA E AS MENTIRAS” DO ALCALDE
Balseiro quixo deixar claro que o peche das oficinas bancarias é unha decisión da dirección do banco e que a Xunta non ostenta participación algunha no accionariado desta entidade, nin tampouco ten capacidade supervisora ou de toma de decisións en relación con este banco
Balseiro, a petición do PP local, xa deu traslado da preocupación dos veciños e da oposición á decisión adoptada aos responsables da dirección do banco
Riotorto, 23 de novembro de 2012.- O secretario do Parlamento de Galicia e deputado do PP, Jose Manuel Balseiro Orol, dixo hoxe que tanto a Xunta como a súa formación política “amosan a súa rotunda oposición ao peche das oficinas bancarias que NovaGalicia Banco ten en Riotorto e Muras”. Unha decisión que cualifican de “gravemente prexudicial” e que, de levarse adiante, “suporía a exclusión financeira da xente de maior idade e do rural, que ten moito máis difícil desprazarse a outra localidade para facer xestións bancarias”.
XUNTA E PP DO LADO DOS VECIÑOS
Balseiro asegurou que “nun asunto tan serio como este, Xunta e PP están do lado dos veciños” e quixo deixar claro que o peche das oficinas bancarias é unha decisión exclusiva da dirección do banco que “nin entendemos, nin compartimos e que, na medida das nosas posibilidades trataremos de evitar”. Neste senso sinalou que a petición do Partido Popular local, o propio Balseiro xa deu traslado da preocupación dos veciños e da oposición á decisión adoptada tanto ante a administración autonómica como ante os responsables da dirección do banco.
O ALCALDE MINTE AOS SEUS VECIÑOS
Balseiro tamén foi moi crítico coa actitude do alcalde de Riotorto a quen acusou directamente de “mentir aos seus veciños con afirmacións que son manifestamente falsas” e de eludir as súas responsabilidades, “pois debería ser o primeiro en loitar contra o peche destas oficinas, e facelo ademais ante a porta axeitada e evitando o partidismo, pois cando se trata dun asunto tan serio, todos somos un”. Con todo, o secretario do Parlamento galego considera que o “alcalde non está á altura do que as circunstancias esixen, e será incapaz de liderar esta reivindicación, circunstancia que obriga ao PP a tomar a iniciativa na defensa dos seus veciños”
A XUNTA NON É ACCIONISTA DE NGB
Afondando nesta cuestión Balseiro aclarou que ao contrario do que o rexedor di por aí “a Xunta de Galicia non ostenta participación algunha no accionariado de NovaGaliciaBanco, nin tampouco ten capacidade supervisora ou de toma de decisións en relación con este banco”. Segundo volveu a insistir o secretario do Parlamento o peche das oficinas é unha decisión exclusiva dos directivos desta entidade bancaria.
“Os populares sospeitamos que o rexedor pretende politizar de xeito partidista este asunto para eludir a súas responsabilidades” dixo Balseiro quen volveu a insistir en que “o lóxico sería que como alcalde –e como están a facer outros rexedores noutras partes de Galicia– liderara as negociacións directas con este banco para intentar convencerlles a estes directivos de que non acometan o peche”
PP E XUNTA FARÁN O QUE NON FAI O ALCALDE
A modo de conclusión Balseiro expuxo que “tanto a Xunta como o Partido Popular vai a facer o que non quere facer o alcalde. E xa adiantamos que conscientes da importancia que para a localidade ten o mantemento “tanto o PP como o Goberno galego demos traslado aos máximos responsables deste banco, a nosa preocupación pola situación na que queda a localidade a nivel de prestación de servizos financeiros e a nosa oposición ao peche de oficinas”



















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



