Algo inédito: sinais anunciando unha ruta turística chea de deficiencias e cun alto risco de perigosidade
López Penabad insta ao rexedor de Ribadeo a que arranxe inmediatamente os viais da Ruta das praias
A Devesa, Villaframil ou a curva da Cetárea son puntos da ruta onde atopamos grandes deficiencias
Os populares únense as peticións dos veciños, instando a Suárez Barcia a que actúe e repare os baches
O PP califícaa coma unha ruta sinalizada que causa sorpresas debido ao seu mal estado e que o día menos pensado pode sorprender dunha maneira máis tráxica: unha desgracia
Ribadeo, 6 de novembro de 2012.- O Presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, denunciou esta mañá a perigosidade e o mal estado de varias estradas ribairenses.
“É moi curioso que o Señor Fernando Suárez promocione a bombo e platillo os entornos ribairenses, coloncando ademáis sinalizacións que indican os itinerarios das rutas que conducen ata as praias, cando esa ruta que guía ata os areais, presenta un alto risco de perigosidade para os conductores e viandantes”- manifiesta.
Comezou o popular facendo fincapé na estrada da Praia Porto, en Meirengos, A Devesa; unha calzada de titularidade municipal que leva tres anos nunha situación de alto risco para os conductores e viandantes e que os populares están cansos de denunciar e de alertar do perigo que supón.
“Fai tres anos un temporal de fortes mareas fixo que o mar levase consigo parte da estrada e deixase varias fendas que pouco a pouco van abrindo e fan que cada día o perigo o aumente. Do tempo ninguén é dono, pero da estrada sí, e este vial é de titularidade municipal, polo que o Señor Fernando Suárez ten que arranxar, de maneira inmediata, esta calzada”- manifesta López Penabad, quen engade que o rexedor ribairense xa tivo tempo para por solución a isto e lembra que cando se producíu unha situación semellante estando o PP no goberno, instaláronse rápidamente vallas e tubos para suplementar a estrada.
O popular insiste no perigo de derrumbamento da estrada e reta ao rexedor a que arranxe inmediatamente a vía, instalando uns tubos do lado da cuneta para deixar ancho no tramo, parche os baches e coloque unha valla ao carón do desprendemento e non agarde a que se produzca algunha traxedia para logo buscar solucións.
Continúou Jesús López Penabad facendo referencia á estrada de Villaframil, a altura de Púdia.
“Non sabemos se o Señor Fernando Suárez ten algún convenio con algún taller de neumáticos porque é moi probable que a demanda nestes lugares sexa bastante alta debido a situación na que se atopan as estradas”- manifesta López Penabad, quen califica de auténtica tomadura de pelo a xestión do rexedor.
Lembra o popular que fai uns días os veciños de Rinlo, protestaron pola situación de estas estradas, reivindicación a que se une o Partido Popular.
Concluíu Jesús López Penabad, facendo mención da curva da cetárea, ubicada un pouco máis adiante dos baches mencionados anteriormente. Neste lugar, atópase un inmenso e perigoso buraco
“Neste ollo, que entra o mar, atopamos unha gran cantidade de lixo. Non está protexido e son moitos os turistas que percorren esta zona descoñecendo a presenza deste buraco; calquer día temos unha desgracia”- manfiesta o popular.
Pensando nos veciños e tendo en conta os moitos turistas que visitan Ribadeo, Jesús López Penabad non entende a pasividade do rexedor de Ribadeo, quen ademáis de dar unha pésima imaxe está poñendo en perigo.



















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



