OS SOCIALISTAS NON ENTENDEN QUE SE APAGUEN FAROLAS DESPOIS DE GASTAR MÁIS DE 60 MILLÓNS DE PESETAS NUN PLAN DE AFORRO ENÉRXETICO
-O señor Villares tirou ó lixo máis de 360.000 euros pois, “que agora teñamos que asumir un apagón de gran parte do alumeado público demostra que o plan que nos venderon non valeu para nada”
-Engaden que “ademais, actúan sen ningún sentido, xa que están apagando farolas que daban servizo a núcleos de casas cando hai outras alumando lameiros”
CERVO, 23 DE NOVEMBRO. Os socialistas de Cervo aseguran que dende o Concello se están adicando a apagar sin ton nin son as farolas do municipio, “os veciños quedan sen un bo servizo de alumeado público despois de que este equipo de goberno se gastase case 400.000 euros nun plan de aforro enerxético hai dous anos”.
Naquel momento, o alcalde, Alfonso Villares, fixo unha inversión cos fondos do Plan E de 2009 de, exactamente, 364.982 euros, que son máis de 60 millóns das antiguas pesetas e “agora temos que apagar as farolas. Isto demostra que o plan de aforro enerxético que nos venderon, levado adiante sen un previo estudio de viabilidade, non valeu para absolutamente nada”.
Os membros do PSOE cervense subliñan que “o feito de que se teña que apagar gran parte do alumeado público non ten outro responsable que o señor Villares, tiraron os cartos ó lixo e os veciños pagamos as consecuencias”.
Ademais de tomar a decisión de deixar ós cervenses sen luz pública, “están actuando sen ningún sentido, pois existen núcleos de vivendas coa correspondente farola apagada cando hai outras encendidas alumando lameiros e zonas deshabitadas. É unha vergonza ter que consentir esta actuación do equipo de goberno, esixiremos que se asuman responsabilidades para que este tipo de desacertos non volvan a suceder”.