A PRESENZA DE RIBADEO EN INTUR ESTÁ A RESULTAR MOI POSITIVA, SEGUNDO ANA MARTÍNEZ. CONCELLO E ACISA PROMOCIONAN OS SEUS ATRACTIVOS TURÍSTICOS EN INTUR ATA O VINDEIRO DOMINGO.
Ribadeo, 23 de novembro de 2012. A presenza de Ribadeo en Intur está a resultar moi positiva, segundo a concelleira de Turismo, Ana Martínez. A feira internacional de turismo de interior, que se celebra en Valladolid, continúa ata o vindeiro domingo, 25 de novembro.
A edil nacionalista dixo que “estamos moi contentos , a experiencia é moi positiva e estamos a traballar nestas dúas xornadas técnicas na promoción e ubicación do noso produto estrela que é a praia das Catedrais. Para moita xente xa non é unha descoñecida porque nos comentan que xa hai tempo que a visitaron ou pasaron por ela, pero non a ubican en Ribadeo. Hai quen a sitúa en Asturias. Este reforzo, dentro do que é a feira, é moi importante non só para a promoción das Catedrais, senón para a promoción do concello no seu conxunto”.
Martínez lembrou que “fixemos unha comunicación aberta aos hostaleiros e comerciantes para que enviasen a súa publicidade a esta feira. Traemos oferta de hoteis, de feito algúns deles sortean dúas noites de hotel para que a xente acuda e coñeza Ribadeo. Ademáis estamos promocionando Ribadeo de eventos, o conxunto da vila, a súa gastronomía e a súa hostalería xunto con ACISA, non hai que esquecer que nesta feira estamos a colaborar ao 50% Concello e ACISA”.
A concelleira de Turismo e o presidente de ACISA, Roberto Rivas, acudiron á inauguración de Intur que tivo lugar na xornada de onte.
Rivas Tomé sinalou que “é moi importante estar nesta feira cun stand propio para poder ofrecer información detallada dos atractivos de Ribadeo. Queremos captar o turismo de proximidade durante todo o ano. No verán recibimos a miles de persoas, pero temos que aproveitar o tirón de Ribadeo, das súas praias, da súa gastronomía e da súa hostalería o resto do ano”.
Ana Martínez engadiu que “o que perseguimos é que a nosa presenza en Intur revirta en positivo nos visitantes que se acheguen ao noso concello ao longo dos vindeiros meses”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



