O PSdG-PSOE de Foz en relación coa polémica suscitada pola ubicación da depuradora de residuos urbanos, quere manifestar o seguinte:
1º.-Facemos responsable único da resolución do asunto ao Alcalde de Foz e o Partido Popular que el representa, pois este é un tema que se podía ter amañado hai tempo cando nos presupostos da Xunta na lexislatura bipartita había consignada unha partida orzamentaria para dito fin e foi precisamente o PP o que paralizou o tema.
2º.-Esiximos ao Alcalde que goberne e tome as medidas necesarias para que a Depuradora actual non prexudique as persoas, non contamine a Ría de Foz e en xeral non cause mais problemas medio-ambientais .
3º.-Que non é competencia dos partidos da oposición definir a ubicación depuradora. Gobernar esixe algo mais que cobrar o soldo, presumir do bo que un e que malos son os demais ou ir nas procesións das festas..
4º.-O PSdG-PSOE de Foz xa dispuxo no seu día, en negro sobre branco, a través do defunto Plan Xeral de Ordenación Urbana onde se ubicaría a mentada depuradora, o cal por certo non apoiou o PP, e asumiu o custo político por tal decisión. Nos gobernabamos daquela e a nos tocábanos decidir e así o fixemos. Cousa que agora parece non querer facer o PP no goberno, pretendendo que sexan os partidos da oposición os que tomen unha decisión que lle corresponde tomar ao Alcalde e ao seu equipo de goberno do PP.
5º.- Esiximos que non maree mais a “perdiz”, pretendendo involucrar a partidos políticos, asociación veciñais, etc e determine e defina , ubicación, presupostos, e prazos para arranxar o problema de depuradora de Foz-Villa e aledaños.
6º.- Esiximos que informe a opinión pública, que medidas cautelares e/ou preventivas vai a tomar para que no próximo verán non se padezan os cheiros e a contaminación deste ano
7º.- Os tempos son cegados de que exerza de Alcalde ou se vaia…