Semana Europea da Prevención de Residuos: Xunta e Ecoembes din que a materia orgánica non se pode reciclar
23 de novembro de 2012. Nun folleto da campaña “Separemos ben, reciclaremos millor” promovida por Ecoembes e a Xunta para divulgar a recollida selectiva e a reciclaxe, ínstase á cidadanía a separar e depositar correctamente os distintos tipos de refugallos nos correspondentes contentores. Pois ben, á hora de indicar que tipo de refugallos deben ir ao contentor xenérico (verde), atopamos a seguinte lenda: “Deposita neste colector aqueles residuos que non sexan envases e que non se poidan reciclar”, acompañada dos pictogramas de diversos refugallos: cueiros, plásticos non envases, roupa e… materia orgánica!!! Este suposto erro, non só reflicte claramente a consideración que para a Xunta ten a materia orgánica, que queima e enterra en SOGAMA, senón que supón o recoñecemento implícito do incumprimento por parte SOGAMA da Lei 22/2011 de residuos.
A devandita lei 22/2011 de residuos e solos contaminados, transposición da Directiva 2008/98/CE (marco de residuos) inclue dentro da definición de “reciclado” a reciclaxe da materia orgánica (art. 3). Curiosamente, esta norma non considera reciclado a incineración, principal tratamento que SOGAMA aplica aos residuos, incluida a materia orgánica, xunto co depósito en vertedoiro:
Artigo 3. Definicións
«Reciclado»: toda operación de valorización mediante a cal os materiais de residuos son transformados de novo en produtos, materiais ou substancias, tanto si é coa finalidade orixinal como con calquera outra finalidade. Inclúe a transformación do material orgánico, pero non a valorización enerxética nen a transformación en materiais que vaian usarse como combustiíbeis ou para operacións de recheo.
Ademáis o artigo 24 desta norma, relativo ao tratamento dos biorresiduos, recolle o fomento da compostaxe e o uso do compost como enmenda orgánica, en substitución dos adubos químicos. Fica pois como unha obriga legal a necesidade de que as administracións promovan a recollida separada da fracción orgánica e o seu reciclado mediante a compostaxe.
Porén, a Xunta considera que a fracción orgánica, que supón perto da metade dos refugallos sólidos urbanos (e a fracción máis facilmente reciclábel) “non pode ser reciclada” para deste xeito xustificar a súa desastrosa xestión mediante a incineración e o vertido que practica SOGAMA.
ADEGA esixe a Ecoembes e á Xunta que retiren esta campaña por faltar á verdade e facer propaganda do incumprimento da lexislación de residuos polo que atinxe á materia orgñánica, cuestións ambas nas que por desgraza, ambas entidades teñen unha longa traxectoria e experiencia.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



