- A Casa Real parabeniza ao CD Burela FS
Este xoves recibíuse unha comunicación da Casa Real, felicitando pola consecución da Copa da Raíña 2025.
- Xosé Vizoso volve a Mondoñedo
A mostra 'Universo Vizoso' permanecerá aberta ao público ata o 8 de xuño no Centro Sociocomunitario.
- O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este domingo xunto co Alcalde de Trabada, Rubén García, na celebración da sexta edición da Festa da Enfariñada
Unha cita á que a institución provincial achega 10.000€ para a súa organización e que reuniu a centos de persoas na Praza do Concello trabadense para degustar este prato típico do municipio. Carlos López destacou a colaboración da institución provincial a esta “cita senlleira, que pon en valor unha cultura gastronómica capaz de atraer visitantes ao noso territorio”. Destacou o traballo que fai o Concello mariñán por enxalzar este produto, tamén chamado faragullos que se elabora con touciño, ovos, leite, fariña e auga.
- 30 aniversario de Reyco
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias felicitou este sábado a Reyco polos seus 30 anos de traxectoria no sector do transporte por estrada. Un exemplo de empresa lucense que medra con rigor, compromiso e aposta pola calidade "Desde a Xunta de Galicia seguimos apoiando ao sector con medidas para modernizar frotas, dixitalizar procesos e mellorar a formación dos profesionais". "O transporte é clave para o futuro económico de Galicia e empresas coma esta son parte dese avance", apuntou.
- Alfonso Villares en Riotorto
O conselleiro do Mar asistiu este sábado á charla sobre ‘Saúde, Deporte e Empresa’ que impartiu Juan Corbalán no centro sociocultural Avelino Díaz.
- Premiadoxs do Certame do Día do Libro de Cervo
Categoría infantil: 1° Premio: Paula Martínez. 2°: Valentina Blanco. 3°: Empate entre Alejandra Castro e Saúl Tourón. Categoría primaria: 1° Premio: Lucy Fernández. 2°: Lily Fernández. 3°: Laia Rodríguez. Categoría adultos: 1° Premio: Tomás Mariño. 2°: Iria Baltar
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo un encontro de traballo coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde
Abordaron as necesidades deste municipio e avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución de proxectos conxuntos no marco do compromiso do Goberno galego coas entidades locais.