FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE A MANCOMUNIDADE DA MARIÑA É O ENTE INSTITUCIONAL QUE DEBE DEFENDER AS PREOCUPACIÓNS DOS VECIÑOS AFECTADOS POLO TRAZADO DO GASODUCTO.
Ribadeo, 4 de decembro de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, levou ao pleno da Mancomunidade de Concellos da Mariña unha moción sobre a situación e perspectivas do gasoducto, que non saiu adiante “pola sutil estratexia do PP, que se abstivo e non houbo quorum suficiente para debatir a nosa proposta”. Suárez Barcia subliña que “a Mancomunidade é o ente institucional que ten que defender as preocupacións dos veciños afectados por ese trazado”.
O rexedor explicou que “na xuntanza do pasado venres á noite entre veciños afectados tanto de Ribadeo como de Barreiros e á que acudimos os dous rexedores, eu xa propuxen que no vindeiro pleno da Mancomunidade de Municipios da Mariña quería someter a debate e aprobación unha proposta para que fora este ente o que buscara un achegamento de intereses entre os Ministerio de Industria e de Fomento, como titular éste último da A-8, para darlle unha saída razoable e legal ao trazado do gasoducto da Mariña”.
Suárez Barcia sinalou que “o segundo dos puntos da moción levada á Mancomunidade recolle que no caso de que esta solución non sexa levada a efecto, e que consecuentemente o Goberno do Estado aprobe definitivamente o proxecto poñendo fin así á vía administrativa, que a Mancomunidade asuma a defensa en vía xurisdiccional contencioso-administrativa para facer valer as legais e lexítimas argumentacións”. O rexedor ribadense indicou que “todos e cada un dos argumentos datos polo Concello de Ribadeo expresan a posibilidade real de utilizar a parte anexa á A-8 para así evitar o paso cerca dos núcleos de poboación, ben sexa utilizando a zona de dominio público, a zona de servidume ou a de afección. Incluso se ilustran exemplos reais onde estas situacións sí se deron para outros servizos hai ben pouco tempo (R-Telefonía ou redes de auga potable)”.
O alcalde de Ribadeo dixo que “o máis curioso e triste desta Mancomunidade é que cunha sutil estratexia da meirande parte dos Concellos que goberna o PP se abstiveron e non deron o quórum suficiente para poder debatir esta proposta. Non se aceptou o debate e non se votou”. O equipo de goberno ribadense cre que “á Mancomunidade esta infraestructura lle afecta de cheo porque o trazado é comarcal, pasa por Ribadeo, Barreiros, Foz, Cervo, Xove, Viveiro, etc. Éste debe ser o ente institucional que defenda as preocupacións dos veciños”.
Para Fernando Suárez “esta Mancomunidade serve un pouco para que os Concellos grandes, singularmente Ribadeo, aportemos a maior parte dos fondos para o seu funcionamento, e despois cando pedimos que en xusta medida se solidarice con asuntos de índole comarcal, afloran as cuestións máis partidarias e os votos valen o mesmo, aínda que quenes participamos na financiación desta Mancomunidade aportemos moito máis en orden á poboación sen embargo en orden ao voto figuramos como Concellos que non teñen ainda mil habitantes”.
O rexedor subliñou que “desde Ribadeo para nada queremos que se paralice este gasoducto, o discurso que teño para os veciños afectados é o mesmo que poido ter diante do comité de empresa de Alcoa, pero entendemos que hai cousas que por parte do Ministerio de Industria se están a facer moi mal. Industria pode dialogar con Fomento, titular da A-8, para levar a bó porto o gasoducto, canto antes mellor, e sen ter que pasar polo fronte de moitas das casas de veciños e veciñas de Ribadeo e de Barreiros”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



