Nesta ocasión, a celebración consistiu nunha reunión que xa se celebrou por parte dos socios o pasado día 16 de decembro, para tomar uns pinchos e ver por tv o partido contra o At. de Madrid e outro acto consistirá no desprazamento a Valladolid a vindeira fin de semana, 22 e 23 de decembro, para ver e animar en directo ó Barça.
Mais abaixo, expoñemos unha breve (ou non tan breve) reseña do que foi a fundación e a pequena historia da nosa peña, por si sodes tan amables facedes eco dela. 15 anos non se cumpren todo-los días e que 15 anos de traballo, constancia e adicación a unhas cores merecen ser difundidas pola nosa parte.
Moitas grazas de antemán e grazas porque sempre vos portástedes moi ben con nosoutros. Esperamos seguir dando guerra, cando menos outros 15 anos.
Pequena historia da Peña Barcelonista San Miguel.
Na pequeña localidade lucense de San Miguel de Reinante (700 habitantes aproximadamente), onde a metade da poboación é afeccionada ó F.C. BARCELONA e a outra metade non entende de fútbol, a finais da temporada 96-97 uns cuantos “entendidos de fútbol” xuntábanse no Pub Popeye para ver por televisión, disfrutar co seu equipo e celebra-los títulos do Barça, que por aquel entonces entrenaba o Sr. Robson.
Dende aquela, o Pub Popeye, pese ó madridismo do seu dono, pero co gran barcelonismo do resto da familia, Ina, sua nai, ó frente, empezou a colleitar un ambiente barcelonista que o fixo un referente na Mariña lucense. Por desgraza a día de hoxe, todo isto queda para a historia da peña, sendo unha páxina de ouro polos éxitos e festexos alí celebrados.
O 29 de xuño de 1.997, ó día seguinte de que o Barça se proclamase campeón da Copa do Rei no estadio Santiago Bernabeu (ainda temos na retina a volta de honra do entonces bicepresidente Joan Gaspar mentres soaba o himno do Barça), tras gañarlle ó Betis por tres tantos a dous, os agora presidente e vicepresidente da Peña, fixéronse a pregunta: “¿Cómo se pode facer unha Peña Barcelonista?”
Con máis ganas que saber, puxéronse mans á obra e contactaron via correo postal co F.C. Barcelona, quen lles facilitou unha información algo “pasada no tempo”.
Informados correctamente, o primeiro paso era constituir unha asociación sen ánimo de lucro e ser legalizada por parte da Xunta de Galicia. A comisión xestora para tal fin, estivo formada por José Carlos, Xoan Manuel, Jesús (todos eles Díaz Blanco), Alfonso Fuente e Abel Rocha Gallo.
Tras estos trámites burocráticos que levaron tres meses, a peña quedou legalizada. Posteriormente e seguindo os pasos de Joan Gamper, o fundador do F.C. Barcelona, publicáronse varias notas na prensa local, sobre a constitución da peña e a celebración de duas charlas informativas. A primeira dela, tivo lugar o 13 de decembro de 1.197, no Bar Venecia de Ribadeo, rexentado por aquel entonces por Cesar.
A segunda reunión tivo lugar ese mesmo día no Pub Popeye de San Miguel de Reinante. Á semana seguinte, o día 20 de decembro de 1.997, tamén no Pub Popeye, celebrouse a Asamblea constituinte, quedando definitivamente fundada a Peña Barcelonista San Miguel.
A primeira xunta directiva, quedou formada po-los cinco membros da comisión xestora, sumándose a eles, José Antonio Fernández (Toni de Popeye), Marco Antonio Vidal (Bisku) e Ivan Bermudez Castrillón (Mingón).
Finalmente, cos estatutos aprobados, a xunta directiva decidida, era momento de informar definitivamente ó F.C. Barcelona de que na Mariña lucense terían para sempre unha pequena parte do clube máis grande do mundo.
O Barça respostou autorizando definitivamente a peña e concedéndolle o número de credencia 1.194.
A partir de aquí, empezaron as andanzas desta peña, que leva os nomes do seu pobo, concello e provincia, por toda España, e transmite o sentimento barcelonista a toda A Mariña lucense.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
