A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña lamenta a negativa do PP a blindar o servizo sanitario público como demandaba a ILP debatida onte no Parlamento Galego.
O PP deulle onte unha patada na boca aos mais de 45.000 galegos e galegas que apoiaron coas súas sinaturas a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da sanidade pública.
A Plataforma mariña anuncia que non cesará nas súas demandas e seguirá activa denunciando a degradación do servizo sanitario público na comarca mariñá.
A Mariña, 19 de decembro de 2012. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña que estivo presente con varios representantes dentro e fora do Hórreo lamentou a negativa do Partido Popular a apoiar a Iniciativa Lexislativa Popular debatida onte no Parlamento Galego e agradeceu o apoio dos grupos da oposición, PSdeG, BNG e AGE, que souberon sumarse a unha demanda avalada por mais de 45.000 galegos e galegas, moitos deles mariñáns. A Plataforma anunciou que seguirá activa e que este revés do PP non fará calar a loita polo dereito a ter unha sanidade pública de calidade, universal e gratuíta xa que a crise non pode ser escusa para desmantelar un dereito adquirido previo pago das cotizacións sociais e medidas impositivas que todos e todos e todas aportamos ao sistema.
A Plataforma criticou que o PP trata de impoñer coa escusa da crise un modelo sanitario onde se exclúe á xente con menor poder adquisitivo, un modelo onde quen non conta con recursos económicos queda relegado a unha sanidade de beneficencia.
Para a Plataforma as medidas que está a adoptar o PP no goberno galego van encamiñadas a botar fora do sistema sanitario público ás capas sociais mais desfavorecidas, cebándose especialmente coas persoas maiores e portadoras de enfermidades crónicas que teñen que pagar do seu peto parte dos seus tratamentos. Mediante esta política depredadora de dereitos gañados o PP vai degradando o sistema sanitario público para favorecer a determinados lobbies económicos e sanitarios dos que forman parte persoas afíns ao Partido Popular.
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou que este golpe do PP non fará que deamos un paso atrás, mais ben ao contrario seguiremos golpeando na mala conciencia daqueles que, unha e outra vez, tratan de demoler un servizo sanitario que debe seguir sendo de calidade, universal e gratuíto. Neste sentido avanzaron que estarán presentes na concentración convocada pola Alianza Social Galega da que formamos parte o próximo xoves día 20 ás 20:00 na Praza da Mariña de Burela






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



