RIBADEO SOLIDARIO 2012
Seguindo a maxima «pensa globalmente, actúa localmente», un grupo de xente nova que foi
medrando como colectivo arredor da música rock en Ribadeo, estamos a promover, por segundo
ano, un evento que ten como obxetivo avanzar na procura dun modelo solidario para o futuro da
nosa vila.
Neste traballo contamos coa colaboración do Concello, a nivel loxístico, e da organización
Amarante, encargada de dinamizar os contidos sociais.
As persoas que estamos a organizar este evento queremos deixar claro que o sentimento que nos
move é o de co-responsabilidade cos sectores mais desprotexidos da sociedade, posto que entre
todas fomos alimentando un sistema que entendemos inxusto, ou cando menos esgotado. Fuximos
dos paternalismos e das connotacións relixiosas que leva implicito o modelo tradicional de caridade
xa que entendemos que non abonda con paliar o sufrimento duns poucos se non somos capaces de
afondar nas causas mesmas da pobreza e «construir» en base á xustiza social.
En todo caso, a nosa vontade é a de sumar esforzos veñan de onde veñan, e por iso queremos
convidar a participar a toda a veciñanza na nosa proposta de cooperación, integración,
sensibilización, denuncia e, finalmente, na construción de alternativas.
Cooperación.
O venres 28 e o sábado 29 temos programado unha serie de concertos para recadar cartos.
É importante dicir que a aportación económica das persoas que esten dispostas a colaborar vai estar
xestionada directamente por nós mesmos (sen intermediarios) e será destinada a afortalar a area de
servicios sociais do concello alí onde os recortes fixeron mais dano.
Despois dunha posta en común coa responsable da concellaria, acordamos empregar os cartos na
compra de materiais de primeira necesidade para a infancia, cooperando coa administración na
defensa do público.
Deste xeito, e dentro da filosofía do evento, queremos percorrer o camiño no sentido inverso,
facendo á veciñanza co-responsable das garantías sociais nun tempo de dificultades económicas.
Integración.
Para o domingo 30, dentro do espacio solidario que instalaremos na praza de abastos, de 12:00 a
14:00, contamos coa participación de representantes do colectivo migrante en Ribadeo (cada ano
mais numeroso) xa que entendemos que se estamos a deseñar o futuro da nosa vila, faise
imprescindible integrar desde o respeto e a diversidade cultural.
Sensibilización.
Tanto nos concertos como no mesmo espazo solidario, achegaremos información útil mediante
dípticos da área de servizos sociais do concello e da organización Amarante.
Page 2
Denuncia
Contamos coa participación e o voluntariado da asamblea ciudadana da mariña-occidente, que
instalará unha mesa de recollida de firmas a prol dunha iniciativa lexislativa popular pola «dación
en pago», no espazo do domingo na praza.
Tamén, como o ano pasado, o Sindicato Labrego Galego nos achegará as campañas de denuncia
nun sector cada vez mais castigado, e a súa aposta pola soberanía alimentaria.
Construír alternativas
No mesmo marco do espacio solidario haberá varios stands que teñen como obxectivo visibilizar
novos xeitos de relacións comerciais. Pequenos exemplos prácticos que poñen de relieve a
importancia de construir algo novo en base as persoas e non ao capital, e que inciden no respecto ao
medio e ao ben común.
Haberá stands de comercio xusto e grupos de consumo responsable, mais tamén un mercadiño de
troco onde recibirán información e poderán participar todas aquelas persoas que por alí se
acheguen, nenos e nenas e persoas adultas.
Finalmente, queremos facer un chamamento a aquelas persoas en situación de desemprego e sen
prestacións para impulsar unha cooperativa que lles axude a superar esa situación dalgún xeito.
A iniciativa consiste en facer unha posta en común de ideas, acadar asesoramento para poñer en
práctica un modelo cooperativo de economía social e, se cadra, lograr compromisos desde a
administración para implementalo.
A cita é o domingo ás 12:00 no espazo solidario para facer unha mesa de traballo sobre estas
cuestións.
«Cando sopran ventos de cambio, uns construen muros. Outros muiños»
RibadeoSolidario2012



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



