VINTEOITO ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DE FOZ PARTICIPAN DESDE MAÑÁ NA PONTE DA TAPA GALEGA.
Foz, 5 de decembro de novembro de 2012. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz organiza a Ponte da Tapa Galega do 6 ao 9 de decembro. Nesta iniciativa 28 establecementos hostaleiros focenses ofrecerán tapas de especialidades típicas da gastronomía de Galicia, como diversas variedades de empanadas, caldo, polbo, mariscos da zona e outros produtos.
Os locais que participarán son A Funcional, A Maseira, A Rambla, A Rula, A Viña, Bar A Bolera, Bar Acuario, Bar O Taco, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería Happy Days, Cafetería May-Ros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Restaurante Costumes do Mar, Cafetería Xoyma, Casa Rural El Rincón de Anita, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Hostal O Norte, Hotel Restaurante Leytón, Mesón O Tangarte, Pizzería Xoíña, Restaurante As Brasas, Restaurante Dandy, Restaurante Tangarte Mariñeiro, Restaurante Portochico e Restaurante Bar O Lar.
O prezo das tapas que ofrecerán ditos establecementos será de 1 euro.
Tarxeta do comercio
ACIA Foz segue coa campaña de fidelización do comercio. Xa son máis de 3.000 as persoas que contan coa tarxeta do comercio de Foz, que ofrece descontos permanentes e promocións todo o ano. A tarxeta O comercio fai pobo, compra na túa vila é gratuita. ACIA Foz subliña que tamén funciona como tarxeta regalo para obsequiar a familiares e amigos nas festas de nadal que se aveciñan.
Desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos lembran que segue á venta a lotería de nadal nos locais asociados. O número é o 88.759.