Derrota ante un gran El Pozo Murcia
Derrota inapelable do Burela Pescados Rubén ante El Pozo Murcia (9-0) que se mantén na loita polo liderado co FC Barcelona. O conxunto burelense baseou o seu litixio polos puntos nunha ardua e intensa defensa. Con estes argumentos logrou manter o tipo durante o primeiro período aínda que sen probas claras para atacar ao seu poderoso rival. Os murcianos monopolizaron o debate. Aos once minutos, Miguelín achegou a primeira evidencia. Lategazo coa zurda que viaxou directo á escuadra burelense. A segunda proba contundente chegou por mediación do maxistrado, Kike Boned, ao fío do descanso (2-0). Tras o receso, El Pozo Murcia expuxo o seu argumentario ofensivo e nos primeiros cinco minutos sentenciou o duelo. Miguelín, Bebe e Gréllo exerceron de xuíces (5-0) dun Burela Pescados Rubén que se rebelada ante a sentenza anticipada. O equipo dirixido por Julio Delgado recorreu con orgullo pero viuse obrigado a acatar o desenlace final (9-0) dunha loita desigual.
Ficha técnica
El Pozo Murcia: Rafa, José Ruiz, Adri, Gréllo, Álex –cinco inicial- Bebe, Kike, Miguelín e Paulinho.
Burela Pescados Rubén: Iago Barro, Mimi, André, Hugo, Nacho Pedraza –cinco inicial- Iago Míguez, Dani Martín, Enrique, Christian, Antón e Fabio.
Goles: 1-0, m.11, Miguelín; 2-0, m.19, Kike; 3-0, m.21, Miguelín; 4-0, m.23, Bebe; 5-0, m.25, Gréllo; 6-0, m.30, Paulinho; 7-0, m.34, Miguelín; 8-0, m.36, Gréllo; 9-0, m.36, Paulinho.
Árbitros: Bel Pascual e Moreno Millían. Amosaron cartón amarelo a Enrique e Fabio doBurela Pescados Rubén.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
