UN ARQUITECTO DA XUNTA VISITARÁ LOURENZÁ EN XANEIRO PARA PROXECTAR A CREACIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL QUE SE DESTINARÁ AO ADESTRAMENTO DOS EQUIPOS QUE HAI NO MUNICIPIO. A ALCALDESA FALOU DESTE ASUNTO CO SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE HOXE EN SANTIAGO.
Lourenzá, 20 de decembro de 2012. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, reuniuse esta mañá en Santiago co secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, para analizar a construción dun campo de fútbol para adestramento dos equipos que hai no municipio. Esa instalación será de herba natural, en vez da sintética que estaba prevista inicialmente e que agora se descarta debido ao seu elevado custo. Para preparar o proxecto un arquitecto da Xunta desprazarase a Lourenzá no vindeiro mes de xaneiro.
Despois da xuntanza co secretario xeral para o Deporte a rexedora municipal explicou que “a raíz de que o Concello de Lourenzá gañou no 2009 o premio anual ao mellor concello de Galicia en canto a deportes, formulóuselle no seu día ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, a creación dun campo de herba artificial para poder adestrar, pero non se chegou a facer o convenio co Concello. O motivo é o que todos sabemos: a crise económica que estamos a sufrir. Os presupostos para deporte do 2010 ao 2013, que será o vindeiro ano, minguaron considerablemente. Conscientes diso hoxe, aínda que me viña interesar por ese convenio, acordarmos que no mes de xaneiro próximo pasará polo concello de Lourenzá un arquitecto da Secretaría Xeral para o Deporte para que eses terreos, que nós tíñamos adquiridos para facer un campo sintético, poder adecualos como campo de fútbol que sirva para adestrar os equipos laurentinos”.
Emma Álvarez tamén destacou que en Lourenzá “hai un equipo de fútbol de Primeira Autonómica e tamén outros máis desde as categorías prebenxamín ata as xuvenís e neste momento é imposible soster un campo de fútbol único para adestrar e xogar todos nel. Por este motivo estamos adestrando a veces en campos de fútbol que pedimos a concellos limítrofes e outras veces os nenos teñen que adestrar no pavillón en vez de facelo no campo de fútbol. Por todo isto consideramos que é unha necesidade e, aínda que en tempos de crise non se entendería moi ben unha inversión de 300.000 euros nun campo de céspede artificial, si consideramos que é necesario acondicionar este terreo para adaptalo a campo de fútbol de herba natural para adestrar”.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
