O BNG DE FOZ PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA QUE SE MANTEÑA O SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA NO CONCELLO
O vindeiro 1 de xaneiro os usuarios e usuarias de Foz quedarán sen atención por eliminar as partidas o PP
Foz a 27 de decembro de 2011.- O BNG de Foz levará a pleno unha moción de urxencia para que o Concello de Foz inste ao Ministerio de Servizos Sociais e Igualdade a rectificar a decisión de retirar a partida orzamentaria que, a través do IMSERSO, se dedicaba a cofinanciar nun 65 por cento o servizo de Teleasistencia Domiciliaria, sendo o 35 por cento restante asumido polas deputacións provinciais. En todo caso e para que o servizo siga funcionando o BNG reclamará da Xunta de Galiza que nos Orzamentos da Xunta para 2013 habilite unha partida para este fin, facéndose cargo así das responsabilidades que o Executivo central se nega a asumir.
O servizo de Teleasistencia Domiciliaria leva funcionando desde 1992 como un recurso para permitir ás persoas maiores permanecer no seu medio habitual de vida e ante unha situación de risco, premendo un botón que levan pendurado nunha pulseira ou nun colar, entrar en contacto directo cun centro de atención continuada e especializada dispoñible as 24 horas do día todos os días do ano que mobiliza os recursos precisos para resolver a emerxencia aparecida.
A provincia de Lugo rexistra un dos índices de avellentamento máis altos do estado do que non se escapa o Concello do Foz; na actualidade, 1.537 lucenses son atendidos pola Teleasistencia Domiciliaria, dos cales 334 son da Comarca da Mariña e 26 deles pertencen ao Concello de Foz. A maioría dos beneficiarios deste servizo na provincia son mulleres, moitas das cales viven soas e no 76,68% dos casos superan os 80 anos. Constitúen un grupo cunhas características moi determinadas que precisa dunhas atencións e duns coidados especiais dada a súa vulnerabilidade e fraxilidade e que sen este servizo quedarían totalmente desprotexidas.
A necesidade deste servizo queda demostrada na nosa provincia polos casos resoltos neste ano, 780 emerxencias socio-sanitarias, e polas máis de 34.298 chamadas dos usuarios e usuarias. Sen este servizo moitas desas situacións terían tráxicas consecuencias. Como medida para paliar esta inxustiza social, a Deputación de Lugo remitiu unha proposta de acordo aos concellos da provincia para o financiamento do servizo no que incrementa a dotación orzamentaria destinada polo ente provincial do 35% ao 50% e propón aos concellos que asuman o 50% restante, iniciativa que logrou a permanencia do servizo e que todos os concellos da comarca mariñá asinaran esta proposta.
Pero esta solución non fai renunciar ao BNG a esixir do goberno do Estado o cumprimento das súas obrigas rectificando a decisión de retirar o financiamento existente até agora para este servizo, porque non se lle pode seguir “cargando o carro” aos concellos, os máis castigados desde o punto de vista da repercusión de custes de todos estes recortes nos servizos sociais.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



