O PP quere coñecer a efectividade real deste plan promovido pola Deputación Provincia
Os populares pregúntanlle a Gómez Besteiro pola cifra de inserción laboral do Plan Lugo Emprega
A portavoz popular pide claridade e máis tendo constancia de que contratados ao abeiro do Plan Emprega foron durante as municipais integrantes das listas socialistas e polo tanto futuros concelleiros
Os populares lamentan a utilización “partidista e electoralista” dun plan que foi proxectado na procura do fomento do emprego e solicítanlle, polo tanto, ao presidente provincial información e transparencia sobre o Pacto Provincial polo Emprego
Así mesmo, nos orzamentos do 2013, a popular tamén pide maior concreción na utilización das partidas destinadas ao fomento do emprego e espera que a politización non sexa utilizada de novo
Lugo, 7 de decembro de 2012-. A portavoz do Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, pregúntalle ao presidente do ente, José Ramón Gómez Besteiro, pola cifra real de inserción laboral do Plan Lugo Emprega, despois de contratar a traballadores nos concellos durante seis meses no 2011.
A popular pide estes datos dado que existe constancia de que contratados do Plan Emprega pasaron a ser despois integrantes de listas socialistas durante as municipais de 2011. Candia fai esta reflexión logo das numerosas publireportaxes publicadas en relación ao Pacto Provincial polo Emprego durante estes días, polo que non só quere coñecer a cifra exacta de inserción laboral a que deu lugar o Plan Emprega, senón que tamén pide que esta actitude de “pago de favores” non se repita no Pacto Provincial polo Emprego.
Polo tanto, a utilización partidista do Plan Emprega leva a popular a pedir transparencia e información ao respecto tamén do Pacto Provincial polo Emprego, e máis ao tratarse dunha iniciativa que procura o fomento do emprego “durante un contexto de gran demanda de traballo”. Candia lamenta que dende a Deputación provincial a sensibilidade, ante a maior problemática que está a afectar ás familias, pase por politizar a asignación de postos de traballo. A popular lembra que se trata do principal problema da economía e polo tanto o deber dunha administración pública non se debe resumir no “xogo político ante a posibilidade de creación de postos”, senón no fomento de plans obxectivos que procuren reducir as consecuencias negativas deste fenómeno.
En concreto, o feito de que as ofertas de traballo do Plan Emprega foran dirixidas a contratación de persoas vinculadas politicamente co PSOE, conleva unha vez máis a reiteración de Gómez Besteiro na utilización de fondos públicos con carácter partidista. Feito polo que a popular espera que dende o Goberno da Deputación non estean a seguir estes mesmos criterios no Pacto Provincial polo Emprego.
Así mesmo, Candia fai referencia tamén a importante cantidade de diñeiro que o ente provincial recolle nos orzamentos 2013 para o fomento do emprego, unha actitude de procura de xeración de postos de traballo que alaba a popular, porén pide maior concreción no destino destas partidas, xa que só se coñece a contía pero non a súa utilización máis específica.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



