X.R. .- Asistimos, unha vez máis, a impasible realidade económica que a clase política nos ofrece e ante a que, egoístas, so agardamos que non nos afecte a nos persoalmente.
Vemos como xestores de entidades bancarias e de aforro lévanas a ruína, non pagan por elo, e son premiados cando abandonan. Atopámonos con que os gobernantes sanean con fondos públicos as entidades arruinadas, véndenas a prezos simbólicos e conceden axudas que xa son un beneficio para o comprador.
A nos non nos afecta porque os recortes que nos impoñen é mal de case todos e non queremos ver. Decatarémonos cando cheguemos ao ansiado nivel alemán, potencia exportadora de pensionistas sen recursos para vivir no seu país.
Vergoñentos uns e ignorantes outros.
X. R.