DO 7 AO 18 DE XANEIRO ESTARÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE XIMNASIA PREVENTIVA PARA MAIORES, QUE ORGANIZA A CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS.
Burela, 26 de decembro de 2012. No Concello de Burela estará aberto do 7 ao 18 de xaneiro o prazo de inscrición para participar no curso de ximnasia preventiva para maiores, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais.
Dito curso está destinado a persoas maiores de 60 anos residentes en Burela “con preferencia para os empadroados/as na vila”. A inscrición poderá facerse na Casa do Concello, en horario de 8 a 15 horas.
Os requisitos que deben reunir os interesados son os seguintes: ser maior de 60 anos, estar empadroado/a en Burela e ter abonado a taxa de copago. Desde Servizos Sociais advirten que “non se admitirán inscricións por teléfono e como máximo soamente se poderá facer a inscrición doutra persoa (aparte dun mesmo/a) cada vez”.
A xuntanza de presentación será o 17 de xaneiro ás 11:45 horas no salón de plenos, “para dar lugar a que as persoas que xa están participando e que van seguir non teñan ningún período de parón”, explican desde a Concellería de Servizos Sociais.
Para clarexar dúbidas os interesados en asistir ao curso de ximnasia preventiva para maiores poder dirixirse ao seguinte teléfono 982 58 06 09.