O ALTRUÁN CELEBROU ESTE SÁBADO DIA 15 O SEU 30º DIA DE ANOS
Unha cincuentena de asistentes entre socios e colaboradores do Altruán acudiron este sábado 15 de decembro a conmemorar no Salón Áulico do Pazo de Ibañez, sede do consistorio ribadense, os trinta anos de presenza do piragüismo en Ribadeo. Entre a concorrida asistencia de convidados e membros da asociación, non fallou á cita Pedro Cuesta García, que pola sua asistencia á Olimpiada de México 1982, ten o mérito engadido de ser o primeiro olímpico ribadense da historia.
Inciciou o acto o anfitrión do evento o, nacionalista Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo. Na sua breve disertación, a modo de presentación do acto, houbo lugar para os aspectos máis emotivos ao lembrar cando, sendo él neno, asistiu aos cursos de iniciación ao piragüismo que o Clube Altruán organizaba daquela, aludindo a evidente imbricación e presenza do clube na vida ribadente pasados xa trinta anos. Interviu seguidamente o presidente actual da asociación homenaxeada, Enrique Diaz Leiva, cunha breve relación na que sucintamente evocou a traxectoria do colectivo que preside, sen esquecerse de dar cumplida relación de agradecimentos oportunos pola implicación de administracións, colectivos e particulares que contribuiron e contribuen a que o Altruán poida desenrolar a sua actividade social e de fomento deportivo, en particular polos patrocinios coma o do acto actual, cuxos gastos correron a conta de La Caixa.
Concluiu o acto o secretario do Altruán José A. Fdez., quen botando de novo man do recurso do anecdotario, aludiu de novo ao vencello entre Clube e o Concello rememorando aquela ocasión na cal mesmo un alcalde ribadense, daquela nacionalista coma o de agora, tivo que botar unha man facendo de chófer para que a equipa do Altruán puidese acudir á provincial de Foz.
Ao remate, o concelleiro delegado de deportes, D. Vicente Castro Reigosa, fixolle entrega aos representantes do clube Altruán dun obxequio conmemorativo da efeméride, encabezando seguidamente a comitiva o camiño do Bar Restaurante Costa Verde onde tivo lugar o lunch co que culminou esta celebración.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
