O mozo mariñán Oscar Villarquide expón óleos sobre “A natureza do rostro: retrato e hibridación” no centro cultural de Cervo (edificio situado ao carón da Casa do Concello). Forma parte do programa “Novos artistas, novos valores” cos que a asociación Cultural A Sombriza apoia á xuventude da comarca con destacadas habilidades artísticas no ámbito da pintura. A inauguración da mostra pictórica terá lugar o sábado día 26 de xaneiro, a partir das 19.00h. Será un acto aberto ao público en xeral no que se espera a presenza de familiares e amigos do autor e integrantes da directiva de A Sombriza, que arrouparán coa súa presenza a este mozo artista. O colectivo cultural A Sombriza agradece a colaboración do Concello de Cervo na organización desta exposición.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



