A Deputación activa na Mariña e na Montaña sendos dispositivos de emerxencia polo temporal
O organismo provincial desprazou a ditas zonas luguesa operativos con 24 traballadores e 20 máquinas, que estarán activos durante toda a fin de semana
A Deputación puxo en marcha hoxe na Mariña e na Montaña sendos dispositivos de emerxencia ante a alerta laranxa polos fortes ventos, con posibles rachas superiores ós 100 quilómetros por hora na Costa, e debido á alerta amarela por neve, con previsibles acumulacións de neve superiores ós cinco centímetros na montaña luguesa.
O departamento de Xestión Territorial da institución, dirixido por Manuel Martínez, desprazou a ditas zonas un total de 20 máquinas e 24 operarios co obxectivo de atender as posibles incidencias que se rexistren nos vindeiros días na rede viaria provincial.
O organismo lugués situou na Mariña un dispositivo composto por 12 operarios e 10 máquinas e na Montaña un con outros 12 traballadores e 11 vehículos.
Manuel Martínez quixo lanzar unha mensaxe ós veciños para que esta fin de semana se despracen con precaución polas estradas provincias, levando cadeas, así como para que fagan un uso responsable dos teléfonos de emerxencia habilitados en todos os Concellos co fin de alertar das incidencias que sucedan na rede viaria.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



