ADEGA ENTREGOU HOXE OS “PREMIOS POLO TERRITORIO 2013” EN LUGO
A segunda edición dos certames “Fotografías polo territorio” e “O lugar onde vivo” e o I concurso de curtametraxes “E ti que é o que ves?” enmárcanse na Campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”.
A través dos traballos presentados nas distintas modalidades esta asociación ecoloxista pretende promover a defensa do territorio galego.
Lugo a 07 xaneiro de 2013.- A asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA e o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, entregaron hoxe os premios do II Concurso Fotográfico “Fotografías polo territorio”, do II Certame de Relatos ‘O lugar onde vivo’ e do I Certame de Curtametraxes ‘E ti que é o que ves”, que organiza ADEGA en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Os tres certames en enmárcanse dentro da campaña “PONTE NO MEDIO. MÓVETE POLO TERRITORIO”, co gallo de que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Os tres concursos foron patrocinados pola Área de Cultura e Turismo de Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.
Nesta edición achegáronse 50 fotografías, uns 40 relatos e 8 curtametraxes procedentes de toda a xeografía galega: Mugardos, Agolada, Lalín, Lugo, Cerceda, As Nogais, Vilar de Santos, Cedeira, Ourense, Ribeira, Brión, Arbo, Pontecesures, etc.
II CONCURSO “FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO”
O obxectivo do concurso de fotografía foi, por unha banda, ofrecer imaxes nas que se mostren agresións ao territorio por parte da actividade humana, xa sexa contra o patrimonio, a cultura a paisaxe eo medio natural, ou aquelas que poñan en valor este patrimonio. Plantexáronse dúas categorías para este premio, xuvenil e adulta, presentándose un total de 50 traballos. Os premiados foron:
• Categoría Adultos/as:
-Gañador: “Mar de contaminación” de Alberte Sánchez Regueiro (Cerceda). Galardón: Diploma e 200 euros.
-Finalistas:
-“Na fin do mundo” e “Ventá ó encoro” de David Martín Utrera (Agolada). Diploma.
-“Nin unha gota” de Ángel Luis Utrera Baza (Agolada). Diploma.
-“Conta-minas” de Roberto Roget Antelo (Baíñas-Vimianzo). Diploma.
• Categoría Xuvenil:
-Gañador: “Frío” de Marcos Utrera Iglesias (Agolada). Diploma e 150 euros.
-Finalistas: “Montes de Ardán” de Alumnos do 2º e 3º Ciclo de Educación Primaria do C.E.I.P de ARDÁN (ARDÁN). Diploma.
II CONCURSO DE RELATOS “O LUGAR ONDE VIVO”
No caso do certame literario tamén participaron máis de 40 relatos, e para decidir os gañadores, o xurado baseouse na orixinalidade, na calidade literaria, na coherencia do código lingüístico empregado e que o territorio galego figurase no relato. Os premiados foron:
• Categoría Adultos/as:
-Gañador: “Ribeira” de Francisco Castro Alvaredo (Ribeira). Diploma e 250 euros.
-Finalistas:
-“O anel” de Marisa Otero López (Santa cruz de Ribadulla, Vedra). Diploma.
-“O meu lar” de Sonia Nogueiras Santana (Vilar de Santos). Diploma.
-“Os sons dun pobo” de Sandra Lorenzo Rodríguez (Ourense). Diploma.
• Categoría Xuvenil:
-Gañador: “A cadeira da moura” de Daniel Duque Puga (Barcela-Arbo). Diploma e 200 euros.
-Finalistas:
-“Mobiliario mortal” de Sara Azidane Chenlo (Pontecesures). Diploma.
-“O muíño do inferno” de Sheila Guille Bugarín (As Neves). Diploma.
-“Brión, un Concello máxico” de Ana Souto Villanustre (Brión). Diploma.
I CONCURSO DE CURTAMETRAXES “E TI QUE É O QUE VES?”
No marco da campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”, este ano ADEGA tamén convocou o I Certame de Curtametraxes “E ti que é o que ves?, co gallo de que a sociedade retratase o estado actual do territorio galego a través dun documento audiovisual. Este certame consta dunha soa categoría, a adulta, con dous premios. Estes foron os galardoados:
• Gañadores:
-1º premio; “Cóntame como era” de Marisa Otero López (Vedra-Pontevedra). (Diploma e 250 euros).
-2º premio; “O polbo hai que asustalo alo menos tres veces” de Jorge Alba González (As Nogais). (Diploma e 150 euros).
• Finalistas:
-“Listos do pueblo” de Xabier Ramos Vieiro. (Diploma).
-“Cociña Criminal” de Jorge Alba. (Diploma).






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



