As E.D. Lourenzá-Mondoñedo rozan o metal no Galego de pista cuberta
En varias probas nas que nos representaron os nosos atletas o pasado domingo en Riazor rozamos o podio:
CATEGORÍA BENXAMÍN:
Ayoub Khaled quedou fóra da final benxamín con un tempo en 50 lisos de 9,77. Hiba Bouyzar en femenino estivo na final de 1000 lisos, onde se clasificou 10ª con un tempo de 4,28.
A sorpresa estivo en Fernando Vallines, 4º en lanzamento de peso con un rexistro de 4,23; a 7 cm. do bronce.
CATEGORÍA ALEVÍN:
Ainara clasificouse para a final de 50 lisos con un tempo de 8,31. Na final, 5º clasificada con un tempo de 8,15.
Ademais, estivo na final de 500 lisos, onde tamén foi 5ª con un tempo de 1,40.
Ana Vallines participou na final de 1000 lisos, sendo 5ª con un tempo de 3,50.
CATEGORÍA INFANTIL:
Xana Rguez. loitou nas dúas velocidades: 50 lisos e 50 vallas.
En 50 lisos pasou á final con un tempo de 7,62, marcando na final un tempazo de 7,56 (5ª).
En 50 vallas accedeu á final con un tempo de 10.08, mentres que na gran final foi 4ª galega con un tempo de 7,56.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
