O pavillón focense de Marzán será escenario hoxe dos partidos que decidirán a clasificación para a fase final do campionato autonómico, coa selección de Lugo como rival. O primeiro encontro será as 16 horas para os cadetes, grupo gobernado por Quico Otero. Unha hora despois competirán os alevíns, dirixidos por Carlos Moreno. A partir das 18 horas será o turno para os infantís de Christian Castro. E finalmente ás 19 horas pecharase a xornada coa enfrontamento entre as seleccións benxamíns.
