CULTURA NON AUTORIZA NOVAS PLANTACIÓNS DE EUCALIPTO NO CASTRO DAS ENGROBIAS GRAZAS Á DENUNCIA DE ADEGA E MARIÑAPATRIMONIO
A Mariña, 9 de xaneiro de 2013.- O Servizo de Patrimonio da Consellaría de Cultura vén de informar a ADEGA e a Mariñapatrimonio das accións levadas a cabo en relación coa denuncia presentada por ambas asociacións no mes de outubro sobre danos no castro das Engrobias en San Martiño (Concello de Foz).
Estas denuncias foron efectuadas ao comprobar que se tiña talado o monte de eucalipto e que a posterior repoboación destruiría o xacemento protexido pola lei.
O Servizo de Patrimonio confírmanos que os cortes eran ilegais, por non contaren coa preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e comunícanos que esta resolve non autorizar novas plantacións de eucalipto nas parcelas que ocupan o xacemento.
Estas resolucións, sen dúbida, constitúen unha boa noticia ao garantir que a industria do eucalipto non destrúa este ben patrimonial. A industria madereira é na actualidade o maior inimigo do noso patrimonio arqueolóxico sendo responsables de decenas de agresións a diferentes tipos de xacementos. A inmensa maioría destas agresións non se chegan a denunciar nin mesmo a coñecer porque é moi difícil saber o que sucede no monte.
ADEGA e Mariñapatrimonio agradecen aos veciños de Foz que controlaron e avisaron sobre o que estaba sucedendo no castro das Engrobias evitando así a destrución dunha das xoias coas que conta a parroquia de San Martiño de Mondoñedo.
Recoñocemos, tamén, o interese e o labor realizado polo alcalde de Foz que contribuirá, sen dúbida, a preservar este importante castro.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



